A Rede de Centros de Investigación do SUG visita os centros catalanes

29/10/2021

A Rede de Centros de Investigación do SUG realizou oos días 27 e 28 de outubro unha visita de traballo ao sistema de investigación catalán.

A delegación, encabezada polo Secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, contou coa participación dos vicerrectores de investigación das tres universidades galegas (Salvador Naya Fernández da UDC, Vicente Pérez Muñuzuri da USC e Belén Rubio Armesto da UVIGO) e directores, subdirectores e xestores principais das entidades que integran a Rede de Centros de Investigación do SUG.

Estas entidades, CITIC, CIMUS, CIQUS, CITIUS, CIM, CINBIO y ATLANTTIC, puideron compartir experiencias e coñecer a xestión organizativa e científica de cinco centros: IDIBAPS, I2CAT, ICFO, CED e ICTA, que representan modelos diferentes de éxito no sistema de investigación catalán. Estas sesións de aprendizaxe mutuo contribuiron ademáis a ampliar a relación de contactos dos centros e a posicionar á Rede de Centros de Investigación do SUG no panorama nacional.

A Red de Centros de Investigación do SUG está integrada polos centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia acreditados como tales pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade: CITIC (UDC); CIMUS, CIQUS, CITIUS, IGFAE (USC); y CIM, CINBIO y ATLANTTIC (UVIGO), e está concebida como un foro de reflexión, expresión e aportación de ideas común entre estes centros universitarios e a Secretaría Xeral de Universidades e unha ferramenta fundamental para potenciar o fortalecemento e a excelencia do sistema e mellorar o seu posicionamento a nivel nacional e internacional.

Novas relacionadas