FEUGA forma parte da rede de Puntos de Información e Asesoramento sobre o Financiamento Público da I+D+i (Rede PI+D+i) en Galicia coordinada polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, CDTI.
O obxectivo de todas as institucións e organizacións que participamos nesta iniciativa é asesorar e informar das axudas públicas de I+D+i dirixidas a empresas e emprendedores e, polo tanto, impulsar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico en España e no noso caso, en Galicia.
A Rede PI+D+i ten como misión prestar información e asesoramento ás empresas e aos emprendedores sobre as liñas de apoio máis convenientes, en función das características dos seus proxectos tecnolóxico-empresariais, cubrindo todos os ámbitos administrativos desde os programas locais, estatais e internacionais e todos os ámbitos da innovación, con independencia do tamaño da entidade e da súa localización xeográfica. Este servizo é totalmente gratuíto.
Ademais, desde o Departamento de Proxectos Nacionais de FEUGA ofrecemos unha ampla gama de servizos co obxectivo de axudar ás empresas no desenvolvemento dos seus proxectos de I+D+i e que son os seguintes:
PROMOCIÓN DE PROXECTOS I+D+i.
Buscamos solucións a necesidades empresariais. Somos catalizadores entre necesidades e o coñecemento existente, facilitando leitos de diálogo e promovendo a colaboración entre ambas as partes para dar solucións a problemas reais e favorecer a transferencia desde o ámbito investigador ao mundo empresarial. Actuamos como centro de información e coordinación para empresas e universidades que desexen establecer acordos para a posta en marcha de accións no campo da I+D+i.
• Identificación de necesidades tecnolóxicas.
• Identificación e posta en contacto con grupos de investigación do Sistema Universitario Gallego como colaboradores técnicos do proxecto.
• Creación de espazos de interrelación e colaboración, e xestión de acordos entre os distintos axentes involucrados.
• Información, procura e asesoramento sobre vías de financiamento nas convocatorias públicas, autonómicas e nacionais.
2. XESTIÓN DE PROXECTOS. Ofrecemos un servizo integral de xestión de proxectos I+D+i. Xestionamos proxectos de I+D+i individuais e en consorcio, así como o financiamento dos mesmos.
• Apoio na definición de proxectos. Procura de colaboradores e creación de agrupacións.
• Preparación e presentación de propostas a convocatorias autonómicas e nacionais de financiamento de proxectos de I+D+i.
• Apoio e seguimento na execución e xustificación técnica e administrativa do proxecto.
• Asesoramento e tramitación de deducións fiscais para proxectos I+D+i.
3. DIVULGACIÓN E COMUNICACIÓN. Trasladamos os resultados aos axentes do sector e sociedade en xeral. Difundimos os resultados obtidos no desenvolvemento de proxectos de I+D+i aos principais axentes sectoriais de cada proxecto e á sociedade en xeral.
• Deseño e implementación de estratexias de comunicación e difusión a medida para proxectos de I+D+i.
• Elaboración de materiais promocionais e corporativos.
• Organización de encontros tecnolóxicos, talleres, xornadas, seminarios, xornadas informativas, etc.
• Difusión a través de distintas plataformas e medios.
Se precisas axuda para o desenvolvemento de ti proxecto de I+D+i ou buscas financiamento para o seu desenvolvemento, en FEUGA tes apoio.
Axentes PIDI en FEUGA:
FEUGA – Santiago de Compostela: Luís Carbia Noya. 618 244 613 lcarbia@afernandezfeuga-es
FEUGA – VIGO: Beatriz Moures Cibes: 986 469 110, bmoure@feuga.es