ACTUALIDADE

02-11-21

FEUGA e StartUp Galicia, da man impulsando o emprendemento

Referentes galegos pouco coñecidos en startups ou empresas de alto impacto, compartindo as súas experiencias cos emprendedores do futuro en Galicia. Este é o obxectivo das charlas que impulsan FEUGA e Startup Galicia, froito do convenio de colaboración que acaban de asinar as dúas entidades e que busca inspirar a universitarios e profesionais a impulsar ideas de negocio innovadoras.

Jaime Novoa, xestor de investimentos en KFUND e membro da asociación Startup Galicia, será o condutor do ciclo Àgora Startup, que comezará cunha xornada centrada en Galegos de Alto Impacto. O primeiro relator destes encontros, Rubén López, falaranos sobre como enfrontarse a entrevistas nas grandes empresas tecnolóxicas do mundo e como captar, xestionar e potenciar o talento técnico ao estilo Silicon Valley. López, formou parte do persoal Google e Youtube durante preto de 10 anos, e na actualidade está a lanzar o seu propio proxecto, Aruma  Studios, un estudo independente de creación de videoxogos, desde A Coruña.

Así, a través da súa experiencia persoal e laboral, achegarémonos ás realidades dos dous xigantes tecnolóxicos estadounidenses e, finalmente, á viaxe emprendedora de volta a Galicia con todo a bagaxe profesional adquirida.

Àgora Startup: inspirando aos máis novos

Startup Galicia é unha comunidade aberta que promove e apoia o emprendemento en Galicia.   FEUGA, a Fundación Empresa Universidade Galega, en liña cun dos seus obxectivos fundacionais, impulsar a transferencia de coñecemento, innovación e tecnoloxía desde o sistema universitario de Galicia ao mundo empresarial e a sociedade en xeral, aposta por unha colaboración estreita entre as dúas entidades para estimular e inspirar ás novas xeracións de emprendedores de Galicia a través de actividades e encontros ao longo dos próximos meses.

Día e hora: luns 22 de novembro, 19:00 horas

Lugar: Salón de actos FEUGA, Campus Vida, Santiago de Compostela

Organiza: Startup Galicia & FEUGA

Tipo de evento: presencial

Aforo: limitado ata 110 prazas

Reserva obrigatoria: a través da web de FEUGA:  https://www.feuga.es/gl/cursos/startup_ agora/

Compárteo

Últimas novas