O Grupo Operativo supra-autonómico MICOALGA-FEED, do que FEUGA é representante, desenvolverá novos pensos para avicultura suplementados con fungos e microalgas que posúan capacidade antibiótica, inmunomoduladora e antiinflamatoria. Conta, para elo, cun presuposto de mais de 500.000€ cofinanciados con fondos FEADER nun 80%.
O proxecto nace cimentado na iniciativa One Health da OMS, que implica a colaboración de múltiples disciplinas a nivel local, nacional e internacional, para lograr unha saúde óptima para persoas, animais e medio ambiente. Neste sentido, MICOALGA-FEED está enfocado na mellora do benestar animal en avicultura.
Cando un animal está enfermo, é tratado con antimicrobianos. Sen embargo, dende fai anos estanse a investigar medidas alternativas ao uso dos mesmos. No caso concreto da avicultura, a vía de contaxio máis frecuente é a dixestiva e inalatoria, por rotura da barreira intestinal. Isto facilita a colonización de microorganismos patóxenos causantes de enfermidades que necesitan de tratamento.
MICOALGA-FEED desenvolverá novas formulacións de pensos que, suplementados con fungos e microalgas, teñan un efecto inhibitoria e/ou antimicrobiano, de reforzo da inmunidade local e beneficioso para a flora intestinal saprófita, mediante:
- A valorización de subprodutos do procesado industrial de fungos e microalgas para a produción de ingredientes funcionais.
- O deseño, caracterización e validación de pensos formulados a partir de ingredientes con capacidade antimicrobiana e inmunomoduladora.
Desta maneira, mediante o fortalecemento do sistema inmunitario do gando a través da alimentación, MICOALGA-FEED buscará reducir as perdas económicas e os elevados custos dos tratamentos, á vez que outorga un maior valor engadido aos produtos avícolas.
A iniciativa integra a un equipo multidisciplinar coordinado pola Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), no que participan tamén como socios as empresas Hifas Veterinary, Neoalgae e Grupo Uvesa.
O Centro Tecnolóxica AINIA, a Universidade de Vigo, o Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentarias (IRTA) e a Universidade de Oviedo participan como membros subcontratados. Ademais, MICOALGA-FEED conta ca colaboración da Asociación Española de Ciencia Avícola (AECA, rama española da World Poultry Science Association, WPSA), a Fundación Española para o Desenvolvemento da Nutrición Animal (FEDNA), a Confederación Española de Fabricantes de Pensos Compostos para Animais de Compañía (CESFAC) e a Asociación Interprofesional Española de Carne Avícola (AVIANZA).
MICOALGA-FEED é un proxecto de innovación cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Presuposto total do proxecto: 524.847,66€. Subvención total: 505.519,66€.
O Grupo Operativo MICOALGA-FEED é o organismo responsable do presente contido.