O proxecto GREENCASTANEA, do que FEUGA é responsable das actividades de divulgación, publica o tríptico e a infografía da iniciativa

09/03/2022

Xa están dispoñibles os primeiros materiais de difusión de GREENCASTANEA, un proxecto que busca mellorar a rendibilidade do souto tradicional galego a través da innovación biotecnolóxica.

GREENCASTANEA está financiado pola convocatoria de axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Presuposto total: 187.774,91€; subvención total: 150.000,00€.

A Consellería de Medio Rural é o órgano da Administración galega ao que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes e prevención e defensa dos incendios forestais.