Aprobado na segunda metade de 2021, o Grupo Operativo PROTEINLEG xa comezou ca execución das primeiras actividades técnicas e de divulgación. Neste sentido, o proxecto de innovación, encabezado por FEUGA, publicou recentemente os seus primeiros materiais de difusión: a infografía e o tríptico.
PROTEINLEG é un Grupo Operativo supra-autonómico que desenvolve un proxecto de innovación cuxa finalidade é desenvolver proteínas alimentarias de alta calidade mediante a produción e o procesamento sostibles de cultivos de leguminosas. Con elo, a iniciativa busca proporcionar alternativas á proteína de orixe animal e á soia, sobre a que o sector gandeiro ten actualmente unha enorme dependencia para a elaboración de pensos.
A infografía plasma a idea detrás de PROTEINLEG dunha maneira breve e directa, facendo énfase nos obxectivos e resultados esperados do proxecto, así como o contexto no que xorde a iniciativa. Pola súa parte, o tríptico afonda neses mesmos puntos, dando unha visión máis global e detallada do proxecto de innovación. Ambos materiais, enfocados a todos os axentes da cadea de valor agroalimentaria e ao público en xeral, permitirán obter una visión global do proxecto.
– Infografía en castelán: https://bit.ly/3KmRoih
– Infografía en inglés: https://bit.ly/3Krayna
– Tríptico en castelán: https://bit.ly/3KnQIt2
– Tríptico en inglés: https://bit.ly/3rz2EPV
Ademais de FEUGA, no proxecto participa un equipo multidisciplinar e supra-autonómico integrado por Ramiro Arnedo Semillas, Almacenes Gamallo, MIMIC SeaFood, a Misión Biolóxica de Galicia (dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas, MBG-CSIC) e o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC).
PROTEINLEG é un proxecto de innovación cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea en un 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Presuposto total do proxecto: 556.947,36€; subvención total: 552.147,36€.
O Grupo Operativo PROTEINLEG é o organismo responsable do presente contido.