Procedemento aberto ou de libre concorrencia

15/06/2021

Obxecto: Auditoría de revisión de gastos do proxecto 0756_ FIREPOCTEP_6_E “FORTALECEMENTO DOS SISTEMAS TRANSFRONTEIRIZOS DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS E MELLORA DOS RECURSOS PARA A XERACIÓN DE EMPREGO RURAL POSCOVID-19”, ao longo da duración do proxecto.

A Fundación Empresa Universidade-Galega ( FEUGA), convídalle a enviar a súa oferta para participar no procedemento de contratación dos servizos de auditoría de primeiro nivel (auditor externo) do proxecto 0756_ FIREPOCTEP_6_E “FORTALECEMENTO DOS SISTEMAS TRANSFRONTEIRIZOS DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS E MELLORA DOS RECURSOS PARA A XERACIÓN DE EMPREGO RURAL  POSCOVID-19, aprobada na cuarta convocatoria do programa INTERREG V A ESPAÑA-PORTUGAL  (POCTEP), no que  FEUGA participa como socio.

O auditor de primeiro nivel debe estar rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC).

O alcance e intensidade do traballo, así como os prazos de presentación dos informes, establécense claramente nos termos dos pregos de bases para a contratación que se achegan.

O prazo de presentación de ofertas concluirá o día 29 de xuño de 2021 (10 días hábiles desde a publicación deste procedemento)

Unha vez adxudicada a contratación, o auditor de primeiro nivel seleccionado deberá cumprimentar a seguinte documentación, que se lle facilitará, necesaria para a aprobación por parte do Autoridade Nacional Española do Programa POCTEP nun prazo non superior a 5 días hábiles:

  • Modelo carta de solicitude
  • Listaxe de criterios para a aprobación do controlador (Check list)
  • Modelo de compromiso do controlador

As ofertas deberán enviarse por correo electrónico á dirección: amontero@feuga.es