O proxecto InnovationGUIDE, no que FEUGA participa, rematou con éxito unha serie de catro eventos rexionais de stakeholders levados a cabo en Turquía, España, Malta e os Países Baixos, eventos claves para analizar as oportunidades e barreiras na innovación e o emprendemento rural. Estes encontros facilitaron un rico intercambio de coñecementos e ideas entre os ecosistemas locais de innovación da Q-Helix.
FEUGA liderou o evento rexional en España, levado a cabo en Santiago de Compostela o pasado 20 de xuño, titulado “Da idea ao mercado: impulsando o emprendemento rural a través da innovación”. A xornada contou coa participación de máis de 50 persoas pertencentes á Q-helix e sectores estratéxicos como a agricultura, bioeconomía, turismo sostible e pesca. A xornada centrouse en recoller datos e experiencias sobre as oportunidades e barreiras que afectan ao emprendemento rural, cuxos resultados se compilarán nunha análise detallada que será compartida proximamente.
Como continuación destes frutíferos encontros, InnovationGUIDE está a organizar un evento interrexional de innovación previsto para setembro de 2024. Este evento servirá para conectar os ecosistemas de innovación rural e os emprendedores de todos os países membros, colaborar con redes e novas entidades, e co-crear con representantes de entidades públicas, industria, academia, sociedade civil e emprendedores.
Este taller interactivo ten como meta discutir cos stakeholders dos ecosistemas rurais e obter as súas opinións, perspectivas e comentarios sobre o desenvolvemento rural, información que será a base para un programa bianual de innovación con recomendacións para a implementación. Estes insights serán cruciais para desenvolver estratexias efectivas e políticas que fomenten un crecemento sostible e inclusivo nas nosas comunidades.
Podes consultar toda a información sobre esta xornada e o proxecto InnovationGUIDE aquí. Tamén podes seguir as contas en redes sociais de X e LinkedIn para seguir as últimas novidades.