FEUGA coordina a segunda charla con axentes do sector do proxecto MICOALGA-FEED

19/07/2022

Aplicación da biotecnoloxía micolóxica ao concepto “Unha Saúde”, tema central da charla II, que terá lugar o xoves 28 de xullo ás 10 horas e na que participarán FEUGA e Hifas Vet.

O Grupo Operativo MICOALGA-FEED, do que FEUGA é representante, organiza a segunda charla con axentes do sector, centrada nesta ocasión nos cogomelos, un dos eixos do proxecto. Nesta charla, aliñada, como MICOALGA-FEED, arredor de “Unha Saúde”, céntrase en como conseguir, a través dos cogomelos, a consecución dos obxectivos enmarcados nesta estratexia.

A iniciativa “One Health”, promovida pola Organización Mundial da Saúde, busca desenvolver estratexias para acadar unha saúde óptima para as persoas, os animais e o medio ambiente. Neste contexto, os cogomelos xogan un papel destacado grazas ás súas numerosas propiedades beneficiosas en cada un destes tres elementos.
O Grupo Hifas (Hifas da Terra, Hifas Veterinary e Hifas Foresta), leva anos explorando estas propiedades beneficiosas dos fungos e, mediante técnicas biotecnolóxicas innovadoras, extraendo todo o seu potencial. Liderados por Esteban Sinde, conselleiro delegado da empresa, afondaremos nos usos e beneficios dos cogomelos nun amplo abano de campos, así como nas técnicas biotecnolóxicas empregadas.
No marco do proxecto MICOALGA-FEED, Hifas Veterinary é a entidade encargada da selección e produción de fungos que, grazas ao seu potencial inmunomodulador, antimicrobiano e antiinflamatorio, permiten, mediante a súa incorporación ao penso para aves, reducir o uso de antibióticos no gando. Precisamente, Ángel Sanabria, de FEUGA, será o encargado de presentar o proxecto de innovación MICOALGA-FEED.

MICOALGA-FEED é un proxecto de innovación cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Presuposto total do proxecto: 524.847,66€. Subvención total: 505.519,66€.
FEUGA é a entidade responsable do presente contido.

MICOALGA-FEED es un proyecto de innovación cofinanciado en un 80% por el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER) de la Unión Europea y en un 20% por el Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, en el marco del Programa Nacional de Desarrollo Rural 2014-2020. La Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación y Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) es la autoridad encargada de la aplicación de dichas ayudas. Presupuesto total del proyecto: 524.847,66€, Subvención total: 505.519,66€.

FEUGA es la entidad responsable del presente contenido.