ACTUALIDADE

21-07-21

FEUGA impulsa Galicia Innovation Days, un evento internacional gratuíto en liña centrado nas novas convocatorias de Horizonte Europa

Os días 25, 26, 27 e 28 de outubro celebrarase en liña e de forma gratuíta o evento internacional GALICIA INNOVATION DAYS 2021, Towards  Horizon  Europe.  Organizado por FEUGA e a Consellería de Educación, Cultura e Universidades da Xunta de Galicia, a cita contará cunha serie de paneis de discusión, exposicións de casos de éxito, workshops e encontros para explorar futuros proxectos de colaboración entre universidades e empresas no marco do programa marco da UE Horizonte Europa.

Expertos internacionais e os Puntos Nacionais de Contacto dos diferentes clústers temáticos de Horizonte Europa en España abordarán as novas oportunidades para investigadores e empresas nas diferentes convocatorias. Ademais, proxectos que xa están en marcha, mostrarán a súa sustentabilidade futura presentado os seus primeiros resultados e explorando a súa posible continuidade nas novas liñas de financiamento europeas.

Un dos grandes obxectivos do evento é fomentar o networking entre posibles socios e colaboradores, por iso Galicia Innovation Days ofrecerá aos asistentes a oportunidade de realizar contactos mediante o intercambio de mensaxes e reunións individuais as catro xornadas, en horario de tarde.

Cada día do evento centrarase nun ámbito temático en liña cos paquetes de axudas do programa Horizonte Europa. O primeiro estará adicado á saúde, así como á cultura, creatividade e sociedade inclusiva. O 26 de outubro a cita poñerá o foco en clima, enerxía e mobilidade. Agroalimentación, océanos e medioambiente serán temáticas protagonistas o 27 e por último, o 28 de outubro, seguridade civil, dixital, industria e espazo.

Reserva un oco na túa axenda para asistir a Galicia Innovation Days e coñece todos os detalles sobre as liñas de financiamento de Horizonte Europa da man de expertos. Segue o desenvolvemento de casos de éxito que xa están en marcha. Comeza a xerar unha rede de contactos que impulse o teu proxecto.  O vas a perder? Segue toda a actualidade nas nosas redes sociais!

Máis detalles e rexistro: https://galicia-innovation-days-2021.b2match.io/

Compárteo

Últimas novas