ACTUALIDADE

29-03-22

Aberto o prazo de inscrición ao Accelerathon de FIREPOCTEP

Tes unha idea de proxecto relacionada con xestión forestal? Tes claro algún reto innovador que poder levar á práctica para a prevención, extinción e recuperación tras os incendios forestais? Anímaste?

Desde FIREPOCTEP, proxecto do que FEUGA é socio, queremos axudar a crear novos proxectos europeos. Organizado por FINNOVA, lanzamos un Accelerathon, onde se traballarán e avaliarán diferentes propostas para buscar financiamento europeo como a do programa LIFE.

Durante os meses de traballo buscaranse perfís complementarios dentro dos participantes do Accelerathon e concretarase a idea de proxecto con axuda de mentores especializados en propostas europeas. A proposta gañadora elixida no evento final do Accelerathon, o 7 de xuño, obterá como premio asistencia técnica, por parte de FINNOVA, para elaborar a proposta e presentala oficialmente ao programa LIFE.

Se tes interese en participar, rexístrate neste formulario e cóntanos brevemente a túa idea.

Compárteo

Últimas novas