Vídeo divulgativo do proxecto Grupo Operativo VARROAFORM

18/06/2021

O Grupo Operativo VARROAFORM, que busca desenvolver unha formulación eficaz para o control e a prevención da varroatosis en abella doméstica, publicou o vídeo divulgativo do proxecto.

Nel explícase, da man dos propios membros do consorcio, os obxectivos e as actividades que o proxecto, xa na súa fase final de execución, esta levando a cabo co fin de proporcionar ao sector apícola unha solución innovadora que reduza as graves consecuencias económicas e medioambientais que a día de hoxe supoñen os ataques do ácaro V. Destructor nas colmeas.

Actualmente, o proxecto está avaliando as formulacións desenvolvidas nos apiarios experimentais de Galicia, Castela e León, Castela A Mancha e Canarias, onde os apicultores participantes están valorando o comportamento das formulacións en canto a eficacia acaricida, toxicidade nas abellas, facilidade de aplicación ou a influencia das condicións climáticas.

Ademais de FEUGA, no proxecto participan as Universidades de Santiago de Compostela y das Palmas de Gran Canaria, e os apicultores Agustín Arias, Benigno Basteiro e Urbano González.

VARROAFORM é un proxecto de innovación cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Presuposto total do proxecto: 395.920,30€. Subvención total: 379.920,30€.

FEUGA é a entidade responsable do presente contido.