O mércores 30 de marzo, ás 18:00 horas, terá lugar o segundo relatorio do ciclo “Galegos de Alto Impacto”, organizado por FEUGA e StartUp Galicia. Nesta ocasión o encargado de poñer o foco en temas de peso para a comunidade emprendedora será David Bonilla, moi coñecido no sector polo boletín semanal centrado en tecnoloxía A Bonilista e a axencia de recruitment de perfís TIC, Manfred. O emprendedor, tamén mentor no Campus de Google e profesor no Instituto de Empresa, centrará a súa charla na importación e exportación de talento tecnolóxico, reto que xa enfronta desde a súa empresa, Manfred, na actualidade. A sesión estará conducida por Jaime Novoa, xestor de investimentos en KFUND e membro da asociación Startup Galicia.
- Día e hora: mércores, 30 de marzo, ás 18:00 horas
- Lugar: Salón de actos FEUGA, Campus Vida, Santiago de Compostela
- Organiza: Startup Galicia & FEUGA
- Tipo de evento: presencial
- Aforo: limitado ata 110 prazas
- Reserva: a través da web de FEUGA: https://bit.ly/3Mk79Yy
Ágora Startup: inspirando aos máis novos
Startup Galicia é unha comunidade aberta que promove e apoia o emprendemento en Galicia. FEUGA, a Fundación Empresa Universidade Galega, aposta por unha colaboración estreita entre as dúas entidades para estimular e inspirar ás novas xeracións de emprendedores de Galicia a través de actividades e encontros ao longo dos próximos meses.