Tras a revisión das candidaturas ao premio FEUGA, a comisión seleccionou aos dous gañadores dunha praza no Curso de Especialista en Ciberseguridad Industrial da Universidade de Vigo. Os nosos parabéns a Daniel Tato Varela e Lionel Salgado Rigueira. Podes consultar a acta aquí: Acta do comité.
Este curso da UVigo, que comeza en xaneiro e impartirase de forma virtual, ten como obxectivo ofrecer unha ampla introdución sobre o estado actual das técnicas de ciberseguridad aplicadas nas plantas industriais (OT). Os coñecementos teóricos impartidos neste curso levarán á práctica utilizando ferramentas e tecnoloxías de diversos fabricantes (FORTINET, MICROSOFT, NOZOMI NETWORKS e SIEMENS entre as máis destacadas).
Agradecemos o seu interese a todos os participantes e ás empresas nas que realizan as súas prácticas formativas, a súa colaboración.