En FEUGA somos expertos en dinamizar proxectos que teñan cabida en Horizonte Europa, o programa marco estrela de investigación e innovación da Unión Europea para o período 2021-2027. O obxectivo fundamental deste plan da UE é fomentar a competitividade de todos os Estados Membros a través dun alto impacto científico, tecnolóxico e económico e social dos investimentos da UE. Dotado con 95.517 millóns de euros, céntrase en tres piares fundamentalmente:
– Ciencia Excelente, que busca impulsar a investigación e á comunidade investigadora.
– Desafíos Globais e Competitividade reforzando as capacidades tecnolóxicas e industriais, e poñendo o foco en áreas como saúde, cambio climático, enerxías renovables, mobilidade, seguridade, dixital ou materiais.
– Europa Innovadora, traballando en converter Europa en potencia pioneira en innovación de creación de mercado e en crecemento de pemes innovadoras.
Por que somos os mellores axentes para impulsar o teu proxecto en Europa?
Dámosche tres razóns:
1. Experiencia e un equipo multidisciplinar de expertos
FEUGA conta cun amplo coñecemento técnico e de impacto en accións de innovación, grazas a un equipo multidisciplinar de técnicos en distintas áreas de coñecemento como enxeñeiros, matemáticos, físicos, químicos ou economistas, altamente cualificados para a negociación técnica, financeira e de explotación a escala internacional con entidades de primeiro nivel. Temos unha extensa experiencia promovendo a participación de grupos de investigación e industria en proxectos europeos de I+D+i.
2. Xestión transversal e colaboración con entidades europeas
Tamén somos expertos en transferencia tecnolóxica a distintos niveis: propiedade intelectual, licenzas, análises de mercado, modelos e plans de negocio, emprendemento, indicadores de impacto, comunicación, divulgación, ecosistemas multiactor, e investigación e innovación responsables (accións de ciencia cidadá, ciencia en escolas e involucramento pública). Somos a única organización en Galicia con estas habilidades transversais, por iso entidades de recoñecido prestixio a nivel internacional como Grupo SUEZ, Fraunhofer, INRAE, Universidade de Bolonia ou NTNU, colaboran connosco.
3. Servizos de transferencia, divulgación e financiamento
O noso Departamento de Programas Europeos e Innovación pode axudarche a abrir oportunidades que teñan encaixe en Horizonte Europa, logrando o impacto e o financiamento que necesitas. Ofrecemos solucións de transferencia de coñecemento e divulgación adaptadas a cada idea.
Confía en nós para dinamizar a túa proposta innovadora!