Webinar gratuíto de Excel para bolseiros FEUGA

09/05/2022

Como parte da nosa Comunidade FEUGA de bolseiros, convidámoste a que aproveites esta oportunidade de formarte para dominar unha das ferramentas máis fundamentais no día a día dunha empresa, grazas ao noso seminario en liña de Excel de forma totalmente gratuíta!

Na actualidade, a maioría dos postos desenvólvense en base a ferramentas tecnolóxicas e dixitais, polo que as competencias dixitais son clave para a empregabilidade das persoas. Entre as competencias dixitais ocupa un lugar destacado Excel que, segundo estimacións de Microsoft, o software máis empregado pola súa eficacia e globalidade, mantense como unha das ferramentas máis demandadas polas empresas, case ou máis importante que falar outro idioma.

Anótate ao noso  webinar antes do 26 de maio e solicita unha das 18 prazas sen custo! Lembra que, para calquera actividade dentro do noso programa de accións a bolseiros, solicitarémosche unha carta de apoio da empresa onde estás a realizar as túas prácticas formativas. A adxudicación de prazas farase por nivel de dominio da ferramenta e por orde de inscrición. Anótate axiña!

– Datas: 1, 8, 9, 15 e 16 de xuño

Horario:  de 15:00 a 18:00

Prazo de inscrición: ata o 26 de maio

Máis información e inscripciónsFUNDAMENTOS DE EXCEL PARA ANÁLISIS E VISUALIZACIÓN DE DATOS Webinar gratuito para bolseiros FEUGA – FEUGA

Aproveita as oportunidades que che ofrecemos por formar parte da nosa Comunidade de bolseiros FEUGA e dá os primeiros pasos da túa carreira!