O Grupo Operativo VITICAST publicou un novo artigo científico Open Access na revista Agronomy (Impact Factor 2020: 3.417) a través do grupo de investigación de pranta, solos e aproveitamento de subproductos da Universidade de Vigo.
O artigo céntrase nas técnicas inmunolóxicas desenvolvidas no marco do proxecto para a detección e cuantificación de material xerminativo de conidios do fungo Botrytis cinerea. Estas técnicas permitiron obter información adicional sobre o desenvolvemento epidemiolóxico no viñedo.
A botrite, causada polo mencionado fungo, é unha das enfermidades fúnxicas da vide que, xunto co mildiu e o oídio, causan máis perdas económicas no sector vitivinícola nacional. O Grupo Operativo VITICAST, do que FEUGA é membro, busca reverter esta situación mediante o desenvolvemento de solucións innovadoras para a predición de enfermidades fúnxicas na vide.
O artigo está dispoñible na seguinte ligazón: https://www.mdpi.com/2073-4395/11/7/1441
Comezado en 2019, VITICAST está integrado por Monet Viticultura, FEUGA, a Universidade de Vigo, a Estación de Fitopatoloxía Areeiro (EFA, Deputación de Pontevedra) e as adegas Viña Costeira, Hacienda Monasterio e Bodegas Familiares Matarromera.
VITICAST é un proxecto de innovación cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Presuposto total do proxecto: 615.249,08€. Subvención total: 599.957,08€.
FEUGA é a entidade responsable do presente contido.