PATRONATO E MEMBROS
O Patronato é o órgano de goberno, representación e administración de FEUGA.
A presidencia do Patronato corresponde a un dos rectores universitarios, mientras que a vicepresidencia resérvase para un representante das empresas asociadas.
PRESIDENTE
Julio E. Abalde Alonso
UDC
VICEPRESIDENTE
Miguel Francisco Rodríguez del Río
Corporación Noroeste S.A.
Julio E. Abalde Alonso
UDC
Salustiano Mato de la Iglesia
UV
Juan Casares Long
USC
José Mª Barja Pérez
UDC
Domingo Docampo Amoedo
UV
José Antonio Rodríguez Vázquez
UV
Darío
Villanueva Prieto
USC
Ramón Villares Paz
USC
Carlos Pajares Vales
USC
José Mª Suárez Núñez
USC
Miguel Francisco Rodríguez del Río
Corporación Noroeste S.A.
Fernando Merino Rodríguez
Grupo Banco Popular Español
José Manuel Piñeiro Becerra
Grupo Banco Popular Español
Miguel Francisco Rodríguez del Río
Corporación Noroeste S.A.
Julio César Paredes Seoane
Corporación Noroeste S.A.
Emilio Santos Vilariño
Financiera Maderera S.A.
Pedro Fernández Puentes
Zeltia S.A..
Arcadio Arienza Valcárcel
Zeltia S.A..
MEMBROS
Son membros fundadores as Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, e as entidades firmantes da Carta Fundacional
Son membros de número aquelas empresas e entidades que deciden colaborar ca Fundación trala firma da Carta Fundacional e que posúen os mesmos dereitos que os miembros fundadores.
Son membros adheridos as empresas e entidades que forman parte da Fundación e colaboran con ela, non forman parte da Xunta Rectora
Os membros colaboradores son aquelas empresas e entidades que se integran na Fundación durante un periodo máximo de dos anos
Son membros de honra aquelas persoas, empresas ou entidades que o Patronato considera merecedoras de dita mención pola súa especial labor e colaboración a favor da Fundación
Arcadio Arienza Valcarce
1992-2011
Naceu en León en 1914. Foi unha das grandes personalidades do empresariado galego do século XX. Cos irmáns Fernández López, fundador de Cementos do Noroeste, da que nacería o conglomerado industrial Corporación Noroeste. Tamén ocupou postos directivos en Zeltia, a primeira gran farmacéutica galega. Entre 1982 e 1992 desempeñou a vicepresidencia de Feuga. Tras deixar o posto, recoñecéuselle a súa contribución á creación e desenvolvemento da fundación co seu nomeamento como membro de honra.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
1996-2020
Nacido en Ribas de Sil en 1935, foi conselleiro de Presidencia e Administración Pública entre 1990 e 1999, interventor adxunto do Ministerio de Sanidade e xerente da Universidade de Santiago. Foi membro do Consello de Contas de Galicia desde xuño de 2013. Foi nomeado membro de honra de Feuga polo seu notable labor no ámbito universitario e pola súa contribución á promoción da innovación
José María Suárez Núñez
1984-1987
Natural de Santiago (1932), foi catedrático de Medicina nas universidades de Granada, Madrid e Compostela, da última das cales tamén desempeñou o cargo de reitor entre os anos 1978 e 1984; o seu impulso modernizou a Universidade de Santiago. Destacou na súa actividade docente e tamén como investigador, polo que pertenceu a prestixiosos institutos e academias. Suárez Núñez propiciou a creación de Feuga, da que foi o seu primeiro presidente e tamén o seu primeiro membro de honra.
Manuel Fraga Iribarne
1999-2012
Fundador do Partido Popular e un dos pais da Constitución de 1978, naceu en Vilalba en 1922. Xogou un papel moi destacado na transición española á democracia. Desempeñou a Presidencia da Xunta de Galicia entre 1990 e 2005. Tras o abandono das súas responsabilidades no Goberno autonómico, foi senador en representación de Galicia ata pouco antes do seu falecemento en 2012. Foi nomeado membro de honra de Feuga en 1999 en recoñecemento ao seu decidido apoio á I+D+i.
ASOCIARSE
Ser membro de FEUGA, é pertencer a un gran grupo de prestixiosas institucións públicas e privadas, entidades e empresas, que valoran e recoñecen a I+D+i como factor irrenunciable para mellorar a productividade, competitividade, crecimento e beneficio económico das súas empresas ou entidades.
- Acceso inmediato e directo, cun so interlocutor, a toda a carteira tecnolóxica do SUG.
- Estudio pormenorizado e individualizado (por cada empresa ou sector) de necesidades, potencial e oportunidades de desenrolo empresarial mediante a innovación tecnolóxica.
- Catálogos tecnolóxicos a medida e en propia porta ca relación completa da oferta investigadora e tecnolóxica adaptada ás líñas de producción, innovación ou potencial tecnolóxico específico.
- Contacto, interlocución directa e apoio de grupos ou investigadores del SUG.
- Actuación como “business angel”.
- Información, asesoramento xestión de axudas o ventaxas fiscales ó I+D+i.
- Facilidades para incorporar estudiantes universitarios e titulados recentes, tanto universitarios como de FP, cun alto grado de capacidade, aptitudes e cualificación.
- Posta a disposición de espacios e infraestructuras dotados da tecnoloxía necesaria para desenrolar unha amplia gama de actividades empresariaies, tales como presentacións, celebración de reunións, conferencias, xornadas, actividades formativas, con importantes descontos no seu precio.