Proxectos nacionais

Saluvino

SALUVINO é un grupo operativo supraautonómico que ten como obxectivo a produción de viños de calidade e que cumpran as esixencias do mercado demandante de produtos saudables, limitando a presenza de aditivos químicos. Neste proxecto exponse a extracción de compostos fenólicos con propiedades antioxidantes e antimicrobianas como sustitutivos ou complementarios do anhídrido sulfuroso.

A creación dos Grupos Operativos supraautonómicos é unha das ferramentas crave na execución do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020 en materia de agricultura produtiva e sustentable para impulsar a innovación no sector agroalimentario e forestal. Trátase da agrupación de axentes de diferente perfil con intereses comúns, tales como agricultores/as, gandeiros/as, empresas, centros de investigación ou de formación, que se asocian para poñer en marcha mecanismos ou prácticas innovadoras co obxecto de dar unha resposta conxunta e multisectorial a un problema ou necesidade.

Esta actuación está financiada no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), sendo a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e política Forestal a autoridade de xestión encargada da aplicación da axuda do FEADER e nacional correspondente.

FINANCIACIÓN

Cofinanciamento UE: 80% Feader


ORZAMENTO

49.342,41 euros


SOCIOS

Bodega Matarromera S.L. (coordinador)
Sociedad Cooperativa Vitivinícola Arousana S.C.G. (Bodega Paco&Lola)
Orujos y Licores Augavella S.L.
Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA).
Colaborador: Grupo de Biotecnología industrial e ingeniería ambiental (BiotecnIA) da Universidade de Vigo.


Casos de éxito