Proxectos nacionais

FUNTRAPA

Fungos parasiticidas para a transición de gandeirías a réximes pastorís

As infeccións por endoparasitos continúan sendo un problema de moi difícil solución nas explotacións gandeiras, especialmente nos réximes pastorís. Aínda que os tratamentos sintéticos sexan moi efectivos, a ausencia de medidas efectivas para a prevención da infección en animais fai que estes sexan só unha solución temporal ao problema. Aínda que os animais chegan a curarse completamente logo se volven a infectar, debido a que cando pastan inxiren estadios parasitarios que se atopan no chan, polo que é precisa a administración frecuente de medicamentos. A situación complicase coa aparición de parasitos resistentes.

O proxecto FUNTRAPA está baseado no emprego de fungos saprófitos illados do chan e de feces animais de Galicia, con acción antagónica demostrada en diferentes fases (ooquistes, ovos e larvas), para o control de endoparasitos en súidos e galiñas poñedoras en pasto; mediante estratexias que aseguren a presenza de fungos que reduzan o risco de infección, limitando así o  emprego de medicamentos antiparasitarios unicamente a situacións nas que sexa absolutamente imprescindible para a súa vida, facilitando a transición e mantemento das explotacións gandeiras e pastorís.

O proxecto FUNTRAPA basease en catro puntos:

  • Enfoque preventivo para evitar infeccións, que reduzan o risco de enfermidades e desenvolvemento de lesións nos animais;
  • Estratexia sustentable baseada no uso de organismos antagónicos, inocuos para as persoas, animais e plantas, que se atopan de xeito natural no ambiente (chan), e que se integran en equilibrio con outros microorganismos polos que son controlados;
  • Brindase aos gandeiros a posibilidade de desenvolver de primeira man un procedemento para solucionar un problema que entorpece significativamente os réximes pastorís, con unha estratexia totalmente extrapolable a outras especies gandeiras como bovino, ovino e caprino.
  • A distribución dos fungos con sementes en pradeiras abre unha posibilidade non contemplada ata agora, facilitando o acondicionamento das pradeiras e minimizando a carga dos endoparasitos que se atopan no solo, o que redunda nun óptimo desenvolvemento dos animais mais novos.

Obxectivos

  • O obxectivo principal desta iniciativa contempla a aplicación de técnicas innovadoras de control biolóxico contra endoparasitos que afectan a animais de pastoreo, con especial interese en facilitar a transición aos sistemas pastorís, o que terá un gran impacto dende o punto de vista económico, social e tecnolóxico.
  • Facilitar o control de endoparasitos en granxas porcinas e de aves poñedoras en réxime pastoril.
  • Prevención de infeccións por endoparasitos en aves poñedoras e súidos en pastoreo.
  • Impulsar a sustentabilidade e competitividade dos sistemas de produción gandeira porcina e avícola poñedora.

Resultados esperados

  • Dispor dun programa de control sustentable dos endoparasitos que afectan as aves poñedoras e o gando porcino en pastoreo.
  • Reducir os niveis de infección por endoparasitos en bacoriños e aves poñedoras por debaixo do 40%.
  • Diminuír nun 40% as minguas en saúde e rendemento por endoparasitos nas explotacións de porcino e avícola poñedora.
  • Limitar o emprego de antiparasitarios de síntese a un máximo de 1 vez/ano.

Proxecto financiado polas axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao cal lle corresponde propor e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

FUNTRAPA é o organismo responsable deste contido.

FINANCIACIÓN

180.000 € - FEADER: 75%


ORZAMENTO

180.000 €


SOCIOS

FEUGA

Pazo de Vilane (representante)

Asociación Prodeme

Universidade de Santiago de Compostela a través do Grupo de investigación COPAR


Casos de éxito