Nos últimos anos, a demanda de alimentos de alto valor nutritivo, como os alimentos enriquecidos en proteína, viuse incrementada. En xaneiro de 2021, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) publicou a súa primeira avaliación completa dun insecto como alimento para humanos, concluíndo que a larva da verme da fariña (Tenebrio molitor) non supón problemas de seguridade. Cinco meses despois, mediante a Regulamento (UE) 2021/882, a Comisión Europea autorizou a comercialización de larvas de molitor desecadas como novo alimento.
Sen embargo, a proteína presente nestes insectos está unida a un compoñente estrutural, a quitina, que é considerada un anti-nutriente, debido a que provoca unha redución na dixestibilidade da proteína do insecto, limitando o seu potencial.
BIOPROINSECT é un proxecto piloto que estudiará novos métodos de extracción da quitina que permitan obter produtos dun maior valor económico dunha maneira eficiente e sostible. A través do bioprocesamento da verme da fariña e empregando tratamentos enzimáticos, separarase a quitina do resto dos compoñentes. Este proceso, baixo o concepto de biorrefinería, estará fortemente comprometido ca economía circular, xa que os subprodutos xerados serán reutilizados para a produción de enzimas. Ademais, non se xerarán residuos nin se causará dano ao medio ambiente.
Desta maneira, fraccionaranse os insectos en tres produtos de alto valor engadido: proteínas de alta calidade e facilmente dixeribles, ácidos graxos poliinsaturados e derivados da quitina con propiedades prebióticas, antimicrobianas e antivirais. As proteínas e os ácidos graxos poderán ser empregados no sector agroalimentario para a formulación de dietas para animais, permitindo unha redución dos gastos grazas á súa mellor dixestibilidade. Pola súa parte, a quitina e os seus derivados, están moi demandados por sectores como a industria cosmética ou a farmacéutica, entre outras.
Así, a través da innovación reforzarase a posición da industria agroalimentaria de Galicia como produtora de alimentos funcionais á vez que, co coñecemento xerado, se promove a diversificación do medio rural.
Que é un proxecto piloto?
Os proxectos piloto son agrupacións de entidades e profesionais de distinto perfil que xorden co fin de fomentar a cooperación e impulsar a innovación e a investigación nos sectores agrícola, gandeiro, forestal e/ou agroalimentario.
GREENCASTANEA está financiado pola convocatoria de axudas para o apoio dos proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao que lle corresponde propoñer e executar as directrices xenerais no ámbito rural e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes e prevención e defensa dos incendios forestais.
Duración do proxecto
Abril 2021 – Xullo 2023
FINANCIACIÓN
Subvención: 145.174,85 € - Cofinanciación UE: 75% FEADER
ORZAMENTO
181.468,56 €
SOCIOS
Entidade beneficiaria:
GALINSECT, S.L.
Axentes cooperantes:
- Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA)
- Universidade de Vigo (UVigo), a través do Grupo de Biotecnoloxía Industrial e Enxeñaría Ambiental (BiotecnIA).