GO Multi-Forest: Multifuncionalidad e valorización integral do monte a través da Certificación da Cadea de Custodia
O cambio climático é unha das maiores ameazas para a biodiversidade dos montes, afectando á aptitude e á distribución de moitas especies. Os eventos extremos toman cada vez máis relevancia no día a día con incendios forestais virulentos e severos que ameazan zonas urbanas e destrúen ecosistemas, inundacións ou secas que poñen en perigo bens e vidas e comprometen os recursos, pragas que ameazan os cultivos etc. Ante este escenario, o proxecto Multi-Forest pretende obter un modelo multifuncional e resiliente dun monte galego a través da mellora continua na súa xestión que permita incrementar a súa sustentabilidade e achegar un valor engadido aos seus produtos.
O Grupo Operativo Multi-Forest ten como obxectivo principal promover a multifuncionalidad dos montes galegos a través da diversificación e compatibilización dos seus aproveitamentos que potencien e revaloricen o sector forestal e agrogandeiro, revitalizando zonas pouco produtivas e ofrecendo alternativas viables e resilientes ante os novos escenarios de cambio climático. Para iso incidirase no seguinte:
- Análise da idoneidade de cada zona do monte a través de tecnoloxías satelitales que permitan establecer indicadores específicos para achegar información sobre a aptitude e capacidade de acollida do chan e condicións da contorna.
- Avaliación da viabilidade técnica, ambiental e económica da implantación de pequenas zonas para o cultivo de froitos do bosque e/o cogomelo shiitake.
- Promoción dos produtos autóctonos obtidos de montes xestionados de forma sostible a través da súa posta en valor coa certificación da cadea de custodia do mel, a carne de cabalo e os seus derivados.
- Avaliación dos impactos sociais, económicos e ambientais da xestión multifuncional do monte para coñecer o potencial do uso agroforestal e a mitigación do cambio climático.
Os resultados potenciais que se esperan deste proxecto son:
- Creación dun sistema produtivo agrosilvopastoril con alto grao de diversidade e competitividade en 870ha de monte galego que incluirá o aproveitamento ecolóxico, integrado e compatible do monte dos usos xa existentes con novos, como son os froitos do bosque ou o cogomelo shiitake.
- Establecemento dos mecanismos necesarios para o cumprimento da norma UNE 162002 de Xestión Forestal Sostible por parte da CMVMC de Baroña, garantindo a súa continuidade na certificación forestal sostible PEFC.
- Cuantificación dos custos e beneficios ambientais, sociais e económicos da xestión multifuncional e integral do monte.
- Reutilización das faixas de biomasa establecidas pola normativa vixente para o cultivo de froitos do bosque, o que implicará un menor risco de propagación de incendios forestais debido aos sistemas de regadío.
- Incentivación do patrimonio natural e tradicional galego potencial o lugar turisticamente, mantendo os xacementos existentes en Baroña.
Este proxecto está financiado polas axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao cal lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais. Orzamento 179.980,81 €.
O proxecto está formado por un equipo multidisciplinar composto pola Fundación Empresa Universidad Gallega (FEUGA), a Comunidade de Montes de Baroña, a Asociación Galega Promotora de Certificación Forestal (PEFC Galicia) e o Grupo de investiga
Descarga aquí o folleto informativo: ES
FINANCIACIÓN
179.980,81€ (100% subvencionado)
ORZAMENTO
179.980,81€
SOCIOS
Fundación Empresa Universidad Gallega (FEUGA)
Comunidade de Montes de Baroña
Asociación Galega Promotora de Certificación Forestal (PEFC Galicia)
Grupo de investigación agroforestal da Universidade de Vigo