Proxectos nacionais

REGAVID

Ferramenta de xestión do rego que avalie necesidades hídricas actuais do viñedo e prediga as futuras

O obxectivo do presente proxecto é a implementación dunha ferramenta para a xestión do rego que permita avaliar as necesidades hídricas actuais do viñedo e predicir os requirimentos de rego a futuro.

A ferramenta incorporará os datos medidos por estacións meteorolóxicas e os datos de humidade do solo obtidos a través dos sensores instalados na parcela experimental. Os datos proporcionados polos sensores de humidade do solo relaciónanse cos datos de contido de auga en solo obtidos periodicamente, dende o mes de marzo ata o agostamento, mediante sondas TDR. Esta correlación permitirá caracterizar os sensores de humidade de solo usados de forma máis habitual nos viñedos galegos.

Para implementar a ferramenta será necesario realizar un axuste efectivo do coeficiente de cultivo (Kc) a partir das medidas realizadas en campo. Para implementar esta modelización será imprescindible caracterizar o dosel vexetal e a cobertura do solo, así como a vexetación activa en cada estado fenolóxico. Por elo, será necesario coñecer os manexos  culturais realizados no viñedo que afecten á vexetación activa, realizarase a calibración e validación do modelo SIMDualKc para o viñedo en estudo.

Para realizar a estimación das necesidades hídricas a futuro, o sistema terá en conta os datos da predición meteorolóxica a 7 días. A partir dos datos desta predición obterase información da pluviometría, e se implantará un modelo de predición a 7 días da evapotranspiración de referencia (ETo) y do coeficiente de cultivo (Kc) baseado no estado fenolóxico.

REGAVID está financiado polas axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Presuposto total: 180.000,00€ (100% subvencionados).

A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao cal lle corresponde propor e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

FINANCIACIÓN

180.000 € - FEADER: 75%


ORZAMENTO

180.000 €


Casos de éxito