PROXECTOS NACIONAIS

MICOALGA-FEED

Redución de antibióticos no gando a través dunha dieta natural baseada no uso de fungos e algas

MICOALGA-FEED é un Grupo Operativo supra-autónomo cuxo obxectivo é reducir ou eliminar o uso de antibióticos no gando a través dunha dieta natural baseada en fungos e microalgas.

MICOALGA-FEED propón reducir a cantidade de antibióticos no gando a través dos alimentos. Desenvolverase un novo alimento complementado con
ingredientes obtidos do cultivo de fungos e microalgas que teñan capacidade antibiótica, inmunomoduladora e antiinflamatoria.

Para conseguilo, MICOALGA-FEED estableceu os seguintes obxectivos específicos:
i. Deseñar e desenvolver materias primas funcionais a base de fungos e microalgas para o sector gandeiro. Seleccionaranse e fabricaranse os ingredientes (e combinacións deles) a base de fungos e microalgas con maior potencial.
ii. Avaliar in vitro a capacidade antimicrobiana, inmunomoduladora e antiinflamatoria e caracterizar analiticamente os ingredientes e o penso formulado.
A través dunha batería de probas in vitro, que inclúen a simulación do sistema dixestivo aviar,
valiarase a capacidade antimicrobiana, inmunomoduladora e antiinflamatoria dos ingredientes a base de fungos e microalgas, así como os pensos suplementados cos devanditos ingredientes. En base a estas probas, calcularase a cantidade a engadir de cada ingrediente para que manteña a súa eficacia despois dos tratamentos necesarios para a súa incorporación ao penso. Por último, os ingredientes e pensos seleccionados pola súa maior eficacia caracterizaranse analiticamente.
iii. Avaliar in vivo a eficacia dos pensos nunha granxa experimental de aves. Realizaranse controis clínicos produtivos, epidemiolóxicos, clínicos e do estado do sistema inmune das aves. En función dos resultados obtidos, seleccionaranse e clasificaranse os pensos por grado de eficacia.

Os Grupos Operativos, principais actores na implementación da AEI-Agri (Asociación Europea para a Innovación na agricultura produtiva e sostible), son unha das ferramentas clave na execución do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020 para promover a
innovación no sector alimentario e forestal dentro do ámbito europeo. Trátase da agrupación de axentes de diferentes perfís con intereses comúns, como agricultores, gandeiros, empresas, centros de investigación ou centros de formación e divulgación, que están asociados para lanzar un proxecto de innovación co fin de dar unha resposta conxunta e multisectorial a un problema ou necesidade.

Para obter máis información sobre os grupos operativos:
–  Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea: https://ec.europa.eu/info/food-farming-fisheries_es
–  Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020: http://www.redruralnacional.es/desarrollo-rural/programas-de-desarrollo-rural

O Grupo Operativo MICOALGA-FEED é o organismo responsable do presente contido.

Financiamento
524.847,66€
Presuposto
O proxecto está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de desenvolvemento Rural 2014-2020. Axuda total de 505.519,66€. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas.
Socios

Para levar a cabo esta iniciativa, MICOALGA-FEED está integrado por un equipo multidisciplinar
que conta cun total de 12 participantes entre membros solicitantes, subcontratados e
colaboradores.
Membros solicitantes:
– Fundación Empresa Universidade Galleega (FEUGA), representante do Grupo
Operativo.
– Hifas Veterinary, S.L.
– Neoalgae Micro Seaweed Products, S.L.N.E.
– Grupo UVESA.
Membros subcontratados:
– Centro Tecnolóxico AINIA.
– Universidade de Vigo (Grupo de investigación de Biomasa e Desenvolvemento
Sostible).
– Instituto de Investigación e Tecnoloxías Alimentarias (IRTA).
– Universidade de Oviedo (Departamento de Bioloxía de Organismos e Sistemas).
Membros colaboradores
– Asociación Española de Ciencia Avícola (AECA), rama española da World Poultry
Science Association (WPSA).
– Fundación Española para o Desenvolvemento de la Nutrición Animal (FEDNA).
– Confederación Española de Fabricantes de Pensos Compostos para Animais de
Compañía (CESFAC).
– Asociación Interprofesional Española de Carne Avícola (AVIANZA).

Web
https://www.linkedin.com/company/micoalga-feed/

Compárteo