VALRESOLEICA é un grupo operativo supraautonómico que ten como obxectivo a valorización de residuos, para convertelos nunha fonte de riqueza á vez que se diminúe o seu impacto ambiental.
A creación dos Grupos Operativos supraautonómicos é unha das ferramentas crave na execución do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020 en materia de agricultura produtiva e sustentable para impulsar a innovación no sector agroalimentario e forestal. Trátase da agrupación de axentes de diferente perfil con intereses comúns, tales como agricultores/as, gandeiros/as, empresas, centros de investigación ou de formación, que se asocian para poñer en marcha mecanismos ou prácticas innovadoras co obxecto de dar unha resposta conxunta e multisectorial a un problema ou necesidade.
Esta actuación está financiada no marco do Programa Nacional de Desarrollo Rural por el Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente y por el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER), sendo a Dirección General de Desarrollo Rural y política Forestal a autoridade de xestión encargada da aplicación da axuda del FEADER nacional correspondiente.
FINANCIACIÓN
Cofinanciamento UE: 80% Feader
ORZAMENTO
39.150,00 euros
SOCIOS
FEUGA-Fundación Empresa-Universidad Gallega (coordinador)
Asociación de Productores de Aceite y Aceituna de Galicia (APAG)
Cortijo de la Loma S.L.
Universidad de Jaén (Grupo de Investigación Ingeniería Química y Ambiental)
Colaborador: Grupo de Biotecnología industrial e ingeniería ambiental (BiotecnIA) da Universidade de Vigo
















