Proxectos nacionais

Diagrint

DIAGRINT é un grupo operativo supraautonómico que busca mellorar o rendemento do cultivo de cereais (millo, trigo), pataca e pradería en distintas zonas españolas utilizando fertilizantes máis eficientes. Ademais promove o asesoramento aos/ás agricultores/as, a través do emprego de ferramentas intelixentes que permitan un diagnóstico máis rápido e fiable, co fin de reducir custos e danos ambientais.

A creación dos Grupos Operativos supraautonómicos é unha das ferramentas crave na execución do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020 en materia de agricultura produtiva e sustentable para impulsar a innovación no sector agroalimentario e forestal. Trátase da agrupación de axentes de diferente perfil con intereses comúns, tales como agricultores/as, gandeiros/as, empresas, centros de investigación ou de formación, que se asocian para poñer en marcha mecanismos ou prácticas innovadoras co obxecto de dar unha resposta conxunta e multisectorial a un problema ou necesidade.

Esta actuación está financiada no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), sendo a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e política Forestal a autoridade de xestión encargada da aplicación da axuda do FEADER e nacional correspondente.

FINANCIACIÓN

Cofinanciamento UE: 80% Feader


ORZAMENTO

37.924,07 euros.


SOCIOS

SOAGA-Sociedad Agrícola Gallega S.L. (coordinador)
Blue Agro Chemicals S.L
Universidade de Santiago (USC)
Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA)


Casos de éxito