Proxectos nacionais

FERVIÑA

Ferviña é un grupo operativo autonómico que leva a cabo un proxecto que ten como obxectivo global o desenvolvemento dun sistema integrado de fertilización sustentable no sector agrario vitícola galego, a través de estratexias que permitan establecer niveis de referencia para o diagnóstico nutricional e conseguir así unha redución do impacto económico e ambiental.

A creación dos grupos operativos é unha das ferramentas clave na execución do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020 en materia de agricultura produtiva e sustentable para impulsar a innovación no sector agroalimentario e forestal.

Trátase da agrupación de axentes de diferente perfil con intereses comúns, tales como agricultores/as, gandeiros/as, empresas, centros de investigación ou de formación, que se asocian para poñer en marcha mecanismos ou prácticas innovadoras co obxecto de dar unha resposta conxunta e multisectorial a un problema ou necesidade.

A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao que corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, englobando as competencias en materia de agricultura, gandería, planificación e ordenación forestal, defensa do monte, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais e industrias agroalimentarias.

O proxecto Ferviña está financiado polas axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Folleto del proxecto.

FINANCIACIÓN

Cofinanciación UE: 75% Feader


ORZAMENTO

100.000,00 euros


SOCIOS

  • Viña Costeira S.C.G., coordinadora.
  • Cooperativa Vitivinícola Arousana (Bodega Paco&Lola).
  • Axencia Galega de Calidade Alimentaria a través da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (AGACAL-EVEGA).
  • Universidade de Santiago de Compostela (grupo de investigación de Proxectos e Planificación, PROEPLA).
  • Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA).


Casos de éxito