EVID é un grupo operativo autonómico que ten como misión executar un proxecto innovador cuxo obxectivo é a definición, valoración e validación de prácticas innovadoras para o tratamento de enfermidades da madeira da vide ( EMV).
A creación dos Grupos Operativos é unha das ferramentas crave na execución do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020 en materia de agricultura produtiva e sustentable para impulsar a innovación no sector agroalimentario e forestal. Trátase da agrupación de axentes de diferente perfil con intereses comúns, tales como agricultores/as, gandeiros/as, empresas, centros de investigación ou de formación, que se asocian para poñer en marcha mecanismos ou prácticas innovadoras co obxecto de dar unha resposta conxunta e multisectorial a un problema ou necesidade.
A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao que corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, englobando as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.
O proxecto EVID está financiado polas axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación ( AEI), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
FINANCIACIÓN
Cofinanciación UE: 75% Feader
ORZAMENTO
99.594,93 euros
SOCIOS
FEUGA. Fundación Empresa-Universidad Gallega (Coordinador)
Bodegas Godeval SL
Estación de Viticultura y Enología de Galicia de la Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL-EVEGA)
Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través do grupo de investigación Modelos de optimización, decisión, estadística y aplicaciones (Modestya).
O proxecto conta coa colaboración do Servicio de Explotacións Agrarias de Ourense (Consellería do Medio Rural)
















