PROXECTOS NACIONAIS

Evid

Grupo operativo EVID: Practicas innovadoras para combatir as enfermedades da vide

EVID é un grupo operativo autonómico que ten como misión executar un proxecto innovador cuxo obxectivo é a definición, valoración e validación de prácticas innovadoras para o tratamento de enfermidades da madeira da vide ( EMV).

A creación dos Grupos Operativos é unha das ferramentas crave na execución do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020 en materia de agricultura produtiva e sustentable para impulsar a innovación no sector agroalimentario e forestal. Trátase da agrupación de axentes de diferente perfil con intereses comúns, tales como agricultores, gandeiros, empresas, centros de investigación ou de formación, que se asocian para poñer en marcha mecanismos ou prácticas innovadoras co obxecto de dar unha resposta conxunta e multisectorial a un problema ou necesidade.

A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao que corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, englobando as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

O proxecto EVID está financiado polas axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación ( AEI), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Financiamento
Cofinanciación UE: 75% Feader
Presuposto
99.594,93 euros
Socios

FEUGA. Fundación Empresa-Universidad Gallega (Coordinador)
Bodegas Godeval SL
Estación de Viticultura y Enología de Galicia de la Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL-EVEGA)
Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través do grupo de investigación Modelos de optimización, decisión, estadística y aplicaciones (Modestya).
O proxecto conta coa colaboración do Servicio de Explotacións Agrarias de Ourense (Consellería do Medio Rural)

Compárteo