Proxectos europeos

IPMWORKS (H2020)

IPMWorks ten como obxectivo crear unha rede agrícola europea para a promoción e demostración de estratexias integradas de xestión de pragas (prevención, control non químico, mellores prácticas para optimizar a eficiencia dos pesticidas, etc.). A combinación de diferentes estratexias e prácticas promovidas polo proxecto, mediante a aprendizaxe entre iguais, busca reducir a dependencia de pesticidas e, polo tanto, reducir a exposición do medio ambiente e das persoas a estes produtos.

IPMWorks coordinará as diferentes redes xa existentes no campo promovendo estratexias IPM e tamén lanzará novos centros nesas rexións ou sectores onde os pioneiros en IPM aínda non están implicados nunha rede relevante. Agricultores, asesores, responsables políticos, consumidores e outros axentes clave en Europa participarán no proxecto, demostrando que as estratexias baseadas en IPM, adoptadas en granxas reais e diversas como sistemas de producción, reducen a dependencia de pesticidas e minimizan a exposición humana a estes productos. O proxecto ten como obxetivo demostrar que a xestión integrada de pragas mantén o mellora a rentabilidades económica das explotacións e reduce o impacto ambiental das actividades agrícolas.

Principais tarefas de FEUGA: Recomendacións para a explotación exitosa de las redes IPM dende a sáa creación ata a súa adopción. Organización de eventos demostrativos. Comunicación, difusión e participación dos grupos de interese.

FINANCIACIÓN

H2020


ORZAMENTO

6.000.005 €


ÁREA DE INVESTIGACIÓN

Agricultura, manexo integrado de pragas, resistencia dos cultivos


SOCIOS

31 socios de 16 países Europeos: Dinamarca, España, Francia, Serbia, Portugal, Holanda, Suíza, Bélxica, Grecia, Alemaña, Suecia, Eslovenia, Polonia, Reino Unido, Finlandia, Italia e Irlanda.


WEB

https://ipmworks.net/


Casos de éxito