Proxectos europeos

Biomasa-CAP

O proxecto Biomasa-CAP é a continuación e capitalización dos resultados do proxecto anterior Biomasa-AP.

Biomasa-AP tiña como obxectivo a mellora das capacidades dos centros de I+D das rexións de Galicia e Norte de Portugal, para optimizar a explotación e o uso da biomasa procedente de restos de poda, matogueiras, vide e kiwi.

Os centros da Euro-rexión traballaron conxuntamente para aplicar métodos e tecnoloxías innovadoras que permitisen conseguir un uso enerxético optimizado desta tipoloxía de biomasa, que se caracteriza pola elevada dispoñibilidade na rexión e que, como consecuencia, conta cun elevado potencial enerxético e económico dun recurso que na actualidade non se valoriza.

En Biomasa CAP desenvolveranse actividades de capitalización de resultados: ampliación e fortalecemento da Rede Transfronteiriza Biomasa, formación e concienciación sobre o uso da biomasa non valorizada de alto potencial como recurso enerxético, divulgación a través de xornadas demostrativas e en centros educativos, e potenciación do proceso de co-creación de políticas públicas.

Principais tarefas de FEUGA:

  • Difusión e ampliación da Rede Transfronteiriza de Biomasa.
  • Organización e apoio ás xornadas de formación e eventos divulgativos.
  • Organización dunha xornada transfronteiriza de intercambio de ideas e co-creación.

FINANCIACIÓN

Interreg Poctep


ORZAMENTO

201.614,81€


TEMA

Uso enerxético da biomasa non valorizada de alto potencial 6


SOCIOS

Biomasa-CAP reúne a seis dos socios de Biomasa-AP tanto de Galicia como do Norte do Portugal; EnergyLab, FEUGA, Uvigo, INEGA, INEGI e IPVC.


WEB

https://biomasa-ap.com/


Casos de éxito