Como parte da transición a unha industria aeronáutica 4.0, o despregue de obxectos conectados está a transformar os procesos de fabricación e mantemento. A funcionalización dos compoñentes dunha aeronave é unha tecnoloxía clave para permitir esta transformación. Implica a integración in situ de sensores en estruturas e dotalos de capacidades cognitivas para mellorar o seu proceso de fabricación e dispoñibilidade operativa, sen comprometer a seguridade. Este é o obxectivo do proxecto MORPHO -Manufacturing, Overhaul, Repair for Prognosis Health Overreach-, que se centrará no deseño e validación dun proceso industrial innovador, robusto e respectuoso co medio ambiente para fabricar, supervisar e reciclar unha nova xeración de estruturas intelixentes para a aeronáutica, incluíndo as láminas de novos e futuros turborreactores que están deseñados e fabricados usando unha configuración híbrida de avanzado metal e compostos.
Principais tarefas de FEUGA:
- Elaboración do plan de xestión de datos.
- Elaboración do plan de comunicación e difusión dos resultados do proxecto.
- Definición e implentación das actividades de comunicación e difusión.
- Elaboración dos materiais de comunicación e difusión de resultados.
- Elaboración de guías e do plan para a xestión dos dereitos de propiedade intelectual.
- Accións de networking con stakeholders.
FINANCIACIÓN
H2020
ORZAMENTO
4.998.471,25 €
TEMA
Fabricación intelixente, Procesos e tecnoloxías de fabricación avanzadas, Aeronáutica, Aeroestruturas AST
SOCIOS
MORPHO reúne a 10 socios de seis países: Francia, Holanda, Grecia, Alemaña, Bélxica e España.
WEB