Proxectos europeos

FIREPOCTEP

O proxecto FIREPOCTEP enmárcase dentro do obxectivo de promover a adaptación ao cambio climático en todos os sectores, respondendo á prioridade de fomentar do investimento para abordar a xestión de riscos específicos asociados a catástrofes.

Este proxecto está pensado para facer fronte a eses retos, favorecendo o desenvolvemento entre as rexións veciñas fronteirizas de España e Portugal, permitindo o fortalecemento dos sistemas de prevención e extinción de incendios forestais en ambos os países e a mellora dos recursos para a xeración de emprego rural tras a crise sanitaria do Covid-19.

Principais tarefas de FEUGA:

  • Labores de sensibilización e comunicación: realización de campañas de sensibilización e talleres de formación en Galicia.
  • Difusión do proxecto: organización de eventos e webinarios.

FINANCIACIÓN

Interreg Poctep


ORZAMENTO

5.000.000€


ÁREA DE INVESTIGACIÓN

Sector forestal


SOCIOS

21 socios de España e Portugal


WEB

https:// firepoctep.eu/


Casos de éxito