ROADMAP promoverá a transición cara a un uso máis eficiente dos axentes antimicrobianos (UMA, polas súas siglas en inglés) na produción animal, incluíndo unha gran variedade de contextos, a través dunha reconsideración dos sistemas de decisión do uso de axentes antimicrobianos ao longo da cadea de subministración de alimentos. Mesmo se é posible aprender de prácticas óptimas, non hai unha solución de ´talla única´ para reducir o uso de UMA. Aínda así, existen varias estratexias aplicadas a circunstancias locais, baseadas en variables sociais, económicas, técnicas e institucionais. ROADMAP desenvolverá enfoques conceptuais innovadores baixo unha perspectiva transdisciplinar e multi-actor para favorecer a interacción e compromiso entre profesionais cualificados de sanidade animal, stakeholders e actores políticos. Este proxecto adaptará, combinará e producirá estratexias adaptadas para reducir o uso de UMA en diversos sistemas de produción en Europa e países de ingresos baixos e medios (sectores porcino, avícola, bovino e pesqueiro).
Principais tarefas de FEUGA: Comunicación, difusión i explotación.
FINANCIACIÓN
H2020
TEMA
Sectores porcino, avícola, bovino e pesqueiro
SOCIOS
17 socios de Francia, Reino Unido, España, Italia, Dinamarca, Bélxica, Suiza, Holanda e Suecia
WEB