O obxectivo de Biomasa-AP é mellorar as capacidades dos centros I+D da rexión no uso da biomasa como recurso endóxeno, para aplicar métodos e tecnoloxías innovadoras en sectores tradicionais como o agrícola e o forestal. O proxecto permitirá aos devanditos centros consolidar, reorientar e ampliar as súas liñas de I+D en biomasa grazas á mellora das súas infraestruturas e o uso compartido de equipamento, o que lles permitirá ser máis competitivos internacionalmente.
Concretamente, os centros traballarán de forma conxunta e complementaranse para conseguir un uso enerxético optimizado daquela biomasa que actualmente non se valoriza pero que ten un alto potencial na rexión pola súa elevada dispoñibilidade (matogueira, vide, kiwi, poda).
Principais tarefas de FEUGA:
- Desenrolo dunha Red Transfronteriza para conectar ós stakeholders e captación activa de entidades participantes.
- Asistencia loxística nos cursos formativos.
- Elaboración de material promocional do proxecto (folleto), newsletters periódicas con información do proxecto e un Manual de Boas Prácticas de Transferencia.
FINANCIACIÓN
Interreg POCTEP
ORZAMENTO
2.503.565,78 €
TEMA
Biomasa, xestión de residuos, economía circular
SOCIOS
8 socios de España e Portugal
WEB