Proxectos europeos

WINETWORK

WINETWORK é unha rede temática para o intercambio e a transferencia de coñecementos innovadores entre rexións vitivinícolas europeas co fin de aumentar a produtividade e a sustentabilidade do sector.

Este proxecto pretende implementar, en 10 rexións de 7 países europeos, unha metodoloxía de transferencia e intercambio de coñecemento para o manexo das enfermidades da madeira da vide e a flavescencia dourada.

Principais tarefas de FEUGA:

  • Responsable da creación da red con enfoque multi-actor: deseno da metodoloxía, creación da Red de Axentes Facilitadores, coordinación dos Grupos de Traballo Técnico e dos Grupos de Traballo Científico.
  • Traballo como Axente Facilitador en Galicia: entrevistas a viticultores, coordinación do Grupo de Traballo Técnico rexional.
  • Difusión do proxecto: redacción e traducción de contidos para materiais de difusión, organización de talleres.

FINANCIACIÓN

Horizon 2020


ORZAMENTO

1.999.225 €


TEMA

Sector vitivinícola


SOCIOS

11 socios de Francia, España, Italia, Hungría, Croacia, Portugal e Alemaña


WEB

http://es.winetwork.eu/


Casos de éxito