PROXECTOS EUROPEOS I+D+i

Tropicsafe

A meta do proxecto TROPICSAFE é implementar os coñecementos e tecnoloxías dispoñibles en Europa en rexións tropicais e subtropicales para abordar tres enfermidades concretas que afectan aos cítricos, a vide e a palma. Durante o desenvolvemento do proxecto, levarán a cabo estudos epidemiolóxicos, estratexias integradas de xestión de pragas e enfermidades, baseadas en ferramentas innovadoras de diagnóstico e prevención, esquemas de avaliación de riscos, así como estratexias para a redución de tratamentos fitosanitarios dirixidos a encher os actuais baleiros de coñecemento.

Principais tarefas de FEUGA:

  • Líder del WP.6 – Comunicación, difusión e explotación.
  • Elaboración do plan de comunicación e difusión.
  • Implentación e seguimento de estratexias e campañas de comunicación online e offline.
  • Definición das actividades de comunicación e difusión; elaboración de materiais de comunicación e difusión de resultados (páxina web, folleto, innovation factsheets, newsletters…).
  • Xestión integral das redes sociais.
  • Elaboración do plan de explotación.
Financiamento
H2020
Area de investigación
Agri-food
Presuposto
3.999.963,75 €
Socios

21 socios de África (Sudáfrica, Ghana); Europa (Italia, España, Francia, Reino Unido, Dinamarca, Eslovenia); América (Xamaica, Chile, México e Cuba)

Web
www.tropicsafe.eu

Compárteo