Curso gratuíto de Imposto sobre Sociedades 2022 para bolseiros FEUGA

04/07/2023

Se estás a realizar prácticas formativas e queres complementar a túa formación no ámbito económico e/o empresarial, queremos informarche de que tes a oportunidade de acceder a unha das 2 prazas gratuítas no noso curso en liña de Imposto sobre Sociedades 2022. A formación está enfocada a aqueles profesionais que queiran adquirir as competencias necesarias para efectuar unha óptima liquidación do Imposto e coñecer máis sobre as novidades lexislativas e fiscais deste exercicio. Por tanto, cremos que é unha actividade que complementa a túa estadía en prácticas.

Para participar na adxudicación destas prazas, debes enviar un correo electrónico a [email protected] antes do 3 de xullo indicando que desexas participar no proceso. Ademais, para nós é fundamental que, para calquera complemento formativo dentro do noso programa de accións a bolseiros, recibamos unha carta de apoio da empresa onde realizas as túas prácticas, polo que debes achegala ao email de solicitude. Un comité interno seleccionará aos beneficiarios.

¡Non deixes escapar esta oportunidade!