O vindeiro 20 de xuño ás 12:00 horas, organizamos un encontro con Javier Díaz-Giménez no marco da celebración do noso patronato. Nesta cita, será o encargado de facer un repaso pola coxuntura económica actual, tanto nacional como internacional, así como das tendencias e cambios tecnolóxicos nunha xornada dedicada ás tendencias e o papel da innovación que marcarán o futuro. O acto terá lugar no auditorio da nosa sede de Santiago de Compostela situada no Campus Vida.
Díaz-Giménez, economista, coñecido polo seu discurso diferente e disruptivo, é actualmente profesor de Economía e titular da Cátedra Cobas AM sobre Aforro e Pensións do IESE. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Autónoma de Madrid e cun Máster pola Universidade de Minnesota, dedicou a maior parte da súa vida profesional a investigar e ensinar no campo da macroeconomía. Publicou os resultados da súa investigación nalgunhas das principais revistas profesionais como Journal of Political Economy e Journal of Monetary Economics. Ademais, foi coautor de Edward C. Prescott, Premio Nobel de Economía en 2004, e é autor do libro de texto universitario “Macroeconomía: Primeiros Conceptos”.
Á finalización deste evento, que durará aproximadamente unha hora, servirase un almorzo no hall principal da Fundación, que poderá servir para intercambiar opinións e seguir debatindo co experto convidado.
Co obxectivo de alcanzar unha perfecta organización, agradecemos que nos confirme a súa asistencia enchendo o formulario que se lle adxunta a continuación, antes do 13 de xuño. Respectarase a orde de rexistro á hora de reservar a súa plaza.
- Cando: xoves 20 de xuño ás 12hrs.
- Onde: Edificio FEUGA. Santiago de Compostela. (Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Vida).
- Modalidade: Presencial con asistencia gratuita ao público xeral.
Link de inscripción: Encontro con Javier Díaz-Giménez