O Grupo Operativo VARROAFORM organiza un segundo Taller Presencial

01/07/2021

Co obxectivo de dar a coñecer os últimos resultados alcanzados polo Grupo Operativo VARROAFORM, organízase, o próximo 10 de xullo en Pastriz (Zaragoza), un segundo Taller Presencial que contará ca participación de Alfredo Sanz (veterinario) e Agustín Arias (apicultor e membro de VARROAFORM).

Consulta aquí o programa do taller.

VARROAFORM, do que FEUGA é representante, está levando a cabo un proxecto de innovación co obxectivo de reducir as graves consecuencias económicas que sofren os apicultores como consecuencia da varroatosis, unha parasitose externa provocada polo ácaro V. Destructor. Para elo, desenvólvense novas formulacións baseadas en substancias de orixe natural que actualmente están a avaliarse nos apiarios experimentais dos que dispón o proxecto en Galicia, Castela e León, Castela-A Mancha e Canarias. O fin destes ensaios é determinar a eficacia das novas formulacións, así como a súa inocuidade ou facilidade de aplicación, entre outros criterios.

Este taller presencial está enfocado en dar a coñecer os ensaios que se están a realizar, explicando tanto os procedementos como os resultados obtidos ata a fecha. Ademais, expoñeranse os traballos que o proxecto levou a cabo dende a súa aprobación no 2019, así como unha análise da situación actual da varroa en España.

  • Data e hora: 10 de xullo, ás 9h.
  • Lugar: Finca La Alfranca, Pastriz (Zaragoza).
  • Inscricións: no correo electrónico arnaapicola@gmail.com ou chamando ao 976 852 201.

Este taller súmase á Xornada Presencial do Proxecto VARROAFORM que se celebrará entre o 9 e o 10 de xullo en Sueros de Cepeda (León), unha xornada tamén centrada en dar a coñecer o proxecto e na que, ademais, falarase sobre a cría de abellas raíña. Para máis información: https://varroaform.es/jornada-presencial-del-proyecto-varroaform/

VARROAFORM é un proxecto de innovación cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Presuposto total do proxecto: 395.920,30€. Subvención total: 379.920,30€.

FEUGA é a entidade responsable do presente contido.