O webinar, organizado por FEUGA, entidade representante e responsable das accións de divulgación, será o evento de presentación do proxecto de innovación MICOALGA-FEED. A xornada celebrarase o vindeiro xoves 03 de marzo, ás 10h.
Aprobado en 2021 cun presuposto que ronda o medio millón de euros, MICOALGA-FEED é un proxecto de innovación cuxo principal obxectivo é a redución de antibióticos en gandería avícola. Para alcanzar tal obxectivo, estanse estudando varios tipos de fungos e microalgas de demostrada actividade antimicrobiana. Mediante ensaios in vitro seleccionaranse aqueles ingredientes e combinacións que posúan maior capacidade antimicrobiana e inmunomoduladora. Posteriormente, desenvolveranse novas formulacións de pensos que, suplementadas con estes fungos e microalgas, teñan un efecto inhibitorio e/ou antimicrobiano. Desta maneira, MICOALGA-FEED busca mellorar o benestar animal mediante o reforzo da inmunidade local y da flora intestinal. Nunha última etapa, os pensos serán avaliados in vivo en granxas experimentais.
No marco das actividades de divulgación do proxecto, FEUGA organiza este webinar de presentación que servirá como punto de partida para dar a coñecer o proxecto entre os distintos axentes do sector e público en xeral. Nel, representantes das empresas participantes expoñerán os obxectivos e actividades a desenvolver no proxecto de innovación. Ademais, comentarán, de primeira man, o papel das empresas dentro do proxecto e o positivo impacto que pode xerar MICOALGA-FEED no sector agroalimentario nacional. Como broche final, haberá unha ronda de preguntas onde todos os asistentes poderán plantexar as súas cuestións acerca do proxecto de innovación.
O webinar contará cas intervencións de Ángel Sanabria (FEUGA), María Álvarez (Neoalgae), Paloma López (Hifas Veterinary) e Elena Molinero (Grupo Uvesa).
Cando: xoves, 03 de marzo, ás 10h.
Onde: webinar online, a través de Teams (enviarase enlace os días previos ao webinar).
Duración: 1h30min.
Inscricións: https://forms.gle/JEoLanVJVx3KXsp66.
MICOALGA-FEED é un proxecto de innovación cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Presuposto total do proxecto: 524.847,66€. Subvención total: 505.519,66€.
O Grupo Operativo MICOALGA-FEED é responsable do presente contido.