O pasado xoves 9 de setembro, o Grupo Operativo VARROAFORM celebrou o webinar divulgativo do proxecto. Un evento co que se deron por finalizadas as accións de divulgación do proxecto de innovación, xa na súa fase final de execución. O éxito de asistencia ao webinar foi días despois potenciado coa enorme difusión que fixo a prensa escrita, nacional e internacional, sobre VARROAFORM.
VARROAFORM, un proxecto de innovación cuxo obxectivo é o desenvolvemento de formulacións eficaces para o control e a prevención da varroatosis en abella doméstica, presentaba no mencionado webinar os resultados obtidos tras os dous anos de duración do proxecto. Da man das entidades participantes no proxecto, os asistentes ao webinar puideron descubrir as actividades levadas a cabo.
Con motivo da publicación do vídeo do webinar días despois, numerosos medios de prensa escrita de carácter nacional, como Europa Press ou Agencia EFE, e de carácter internacional, como Qué!, El Universal, Radio Digital América, Gerente Colombiano, Notimérica ou Argentina Financiera, fixéronse eco do webinar e dos traballos de VARROAFORM.
Unha notoria difusión coa que VARROAFORM pon broche final ás actividades de difusión do proxecto, dinamizadas por FEUGA, para facer chegar todo o coñecemento xerado aos principais axentes do sector.
Ademais de FEUGA, participan no proxecto a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade das Palmas de Gran Canaria (ULPGC) e os apicultores Agustín Arias, Benigno Basteiro e Urbano González. Ademais, a Asociación de Apicultores de Gran Canaria (APIGRANCA) e a Asociación Defensa Sanitaria (ADS) Apicultores de La Palma, actúan como entidades colaboradoras.
VARROAFORM é un proxecto de innovación cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Presuposto total do proxecto: 395.920,30€. Subvención total: 379.920,30€.
FEUGA é a entidade responsable do presente contido.