ACTUALIDADE

05-07-21

A revista RETEMA publica unha reportaxe sobre KET4-Gas, proxecto europeo no que participa FEUGA

A Revista Técnica de Medio Ambiente RETEMA recolle no seu último número unha ampla reportaxe sobre KET4 F-Gas, o proxecto financiado polo programa Interreg SUDOE no que participamos dende FEUGA, que ten como obxectivo deseñar e implementar Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais (TFEs) para recuperar gases  fluorados ( F-gases) empregados en equipos de refrixeración e aire acondicionado, evitando as súas emisións á atmosfera. Ana B. Pereiro e João M. M. Araújo, Coordinadores do Proxecto, tamén responden a preguntas crave sobre o desenvolvemento de KET4 F-Gas nas páxinas deste medio especializado, que podes ler aquí:  https://www.retema.es/

En Europa, só o 1% dos F-gases recóllese ao final do seu ciclo de vida, aínda que existan unidades de reciclaxe. Isto significa que existen unha ampla gama de posibilidades para mellorar a recuperación e reutilización destes compostos, integrándoos no mercado da economía circular. Ademais, esta reciclaxe selectiva é fundamental para reducir a dependencia da industria dos refrixerantes con maior potencial de quecemento global, reducir os prezos xerais e aliviar a presión sobre toda a cadea do mercado. Desde o punto de vista científico, capturar e rexenerar gases fluorados supón un verdadeiro reto tecnolóxico.

Participan no consorcio de KET4 F-Gas 13 socios e 6 entidades asociadas de España, Portugal, Francia e Emiratos Árabes Unidos. Dentro do proxecto, FEUGA coordina as tarefas do Grupo de Traballo 4: “Sensibilización e transferencia de resultados e boas prácticas aos usuarios finais das tecnoloxías eco-innovadoras desenvolvidas”. Entre elas, está a elaboración dunha Folla de Roteiro destinado ás administracións públicas responsables da xestión dos residuos e un Manual de Boas Prácticas para a industria e xestores de residuos en base ás análises de impacto realizados. Ademais, o traballo de sensibilización inclúe a organización de talleres formativos para todos os actores implicados no manexo e tratamento dos gases fluorados, así como a coordinación das reunións personalizadas de transferencia cos principais representantes da industria e a administración nos catro países do proxecto (España, Portugal e Francia).

Compárteo

Últimas novas