A Semana Verde Europea 2021, celebrada entre os días 31 de maio e 4 de xuño, ofreceu este ano a oportunidade de entrar en contacto con todas as partes interesadas en lograr unha colaboración coa que aspirar a unha contaminación cero para unha contorna sen substancias tóxicas.
Con motivo da EU GREEN WEEK 2021, desde FEUGA organizouse unha Xornada baixo o título “Unha sociedade sen contaminación: cidadáns e industria apostando pola economía circular”, entre o 9 e o 10 de xuño. Celebrada en liña e con tradución simultánea, o evento contou coa participación de diferentes proxectos de carácter nacional e europeo co obxectivo común de reducir a contaminación e promover a sustentabilidade dos distintos sectores económicos.
Entre os proxectos presentados na sesión inaugural, centrada en iniciativas enfocadas na industria agroalimentaria, atopábanse os Grupos Operativos VITICAST e VARROAFORM, dos que FEUGA é membro. O relatorio de VITICAST estivo a cargo de Débora Franco, de Monet Viticultura. Pola súa banda, Lucía Lloret foi a encargada de presentar o proxecto de innovación VARROAFORM. Ambas as intervencións serviron para dar a coñecer os obxectivos e resultados alcanzados ata a data e para mostrar a aposta pola sustentabilidade a través da innovación que ambos os proxectos perseguen.
Por unha banda, o principal obxectivo de VITICAST é promover a sustentabilidade no sector vitivinícola mediante o manexo innovador das principais enfermidades fúngicas da vide (mildiu, oídio e botritis). A través do desenvolvemento dun modelo que permita predicir o risco de enfermidades fúngicas, VITICAST busca a optimización do uso de produtos fitosanitarios, empregándoos unicamente cando exista un risco real e obxectivo.
Pola súa banda, VARROAFORM está a desenvolver unha formulación eficaz para o control e prevención da varroatosis en abella doméstica, unha enfermidade provocada polo ácaro V. destructor que pode ocasionar perdas de ata o 100% da produción. Fronte ás desvantaxes que presentan os tratamentos convencionais, o proxecto persegue reducir as perdas económicas do sector mediante o desenvolvemento dunha nova formulación a base de produtos de orixe natural (aceites esenciais) incorporados en sistemas/soportes biodegradables, e por tanto apta para a apicultura ecolóxica.
Os relatorios de ambos os proxectos, tanto en inglés como en español, están dispoñibles nas seguintes ligazóns:
- VARROAFORM (castelán): https://www.youtube.com/watch?v= lzaJX-i0 YxY
- VARROAFORM (inglés): https://www.youtube.com/watch?v= HUslmf3 WtOc
- VITICAST (castelán): https://www.youtube.com/watch?v= nYI5 zikQrdM
- VITICAST (inglés): https://www.youtube.com/watch?v= ONjId0Ou4 WXg
Máis información sobre ambos os proxectos dispoñible nas súas webs:
VARROAFORM: https:// varroaform.es/
VITICAST: https:// viticast.es/
VARROAFORM é un proxecto de innovación cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Presuposto total do proxecto: 395.920,30€. Subvención total: 379.920,30€.
VITICAST é un proxecto de innovación cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Presuposto total do proxecto: 615.249,08€. Subvención total: 599.957,08€.
FEUGA é a entidade responsable do presente contido.