HEREDITARY: desbloquear o valor dos datos sanitarios na detección e tratamento de enfermedades neurodexenerativas

06/03/2024

En FEUGA asumimos un papel fundamental no novo proxecto de Horizon Europe, HEREDITARY. Esta iniciativa de catro anos da Unión Europea está centrada na optimización da detección de enfermidades, o tratamento de resposta e a exploración do coñecemento médico en trastornos neurodegenerativos e do microbioma intestinal e pretende revolucionar a forma de abordar estes problemas de saúde integrando datos sanitarios multimodais.

Na organización de tarefas do proxecto, FEUGA liderará o Paquete de Traballo 8, dedicado á comunicación, diseminación, propiedade intelectual (IP) e innovación. Na fundación desenvolveremos unha estratexia e un plan de acción que o consorcio poida aplicar para dar a coñecer mellor os logros do proxecto e así difundilos entre as partes interesadas e garantir a súa sostibilidade unha vez finalizado o proxecto. Deste xeito, aseguraremos a transferencia de coñecemento entre o proxecto, as súas partes interesadas, outros investigadores e a poboación xeral.

  • Como logrará os seus obxectivos HEREDITARY?

O proxecto busca establecer un sólido marco interoperable, fiable e seguro para integrar datos sanitarios multimodais, incluíndo información xenética. Este marco estará deseñado para cumprir coas políticas transnacionais de privacidade, asegurando a confidencialidade da información. Este enfoque permitirá a vinculación de diversas fontes de datos clínicos, xenómicos e ambientais a gran escala. A integración semántica de datos multimodais e a plataforma de aprendizaxe e análise desempeñarán un papel crucial para identificar novos factores de risco e tratamentos de resposta.

O consorcio de HEREDITARY está composto por 18 socios de diversos países europeos, coa Universidade de Padua (UNIPD) asumindo o papel de coordinador. O proxecto supón unha colaboración internacional entre Italia, Bulgaria, Bélxica, Países Baixos, Dinamarca, Suíza, Austria, Alemaña, Estados Unidos, Portugal e España. Na Kick Off Meeting, que tivo lugar o 25 e 26 de xaneiro en Padua, os socios estableceron os primeiros pasos para este ambicioso proxecto. Dende FEUGA presentamos nesta ocasión as primeiras ideas sobre a estratexia de comunicación, diseminación e xestión de propiedade intelectual que se implementará durante os próximos 4 anos.

O compromiso do proxecto é cambiar a forma en que se tratan os datos sanitarios e xenéticos, desbloqueando un coñecemento que ata agora era imposible de obter.