Evento final proxecto AVIENERGY

20/02/2023

AVIENERGY é un Grupo Operativo supra-autonómico que promove a valorización das deyecciones xeradas nas explotacións avícolas para a obtención de enerxía térmica e eléctrica para as propias granxas e de materiais fertilizantes para o aproveitamento de nutrientes no terreo.
Esta solución é unha ferramenta eficiente e medioambientalmente sostible para a redución de gases de efecto invernadoiro e mellorar a competitividade do propio sector. 

O obxectivo deste evento, que se celebrará o próximo 2 de marzo en dobre formato, presencial (en Lorca-Murcia) e en liña (vía Zoom), é presentar as diferentes actividades e experiencias que se levaron a cabo para converter unha das principais problemáticas do sector nunha oportunidade, transformando un residuo nunha nova fonte de autoabastecimiento enerxético.

Explicarase como se poden tratar, de forma técnica e economicamente viable, os residuos xerados na actividade avícola para que poidan ser usados como biomasa enerxética. Así mesmo, mostrarase a caldeira deseñada para ese efecto para a combustión deste material e comprobaremos o potencial das cinzas xeradas como fertilizante de uso agrícola. Ademais, tamén coñeceremos outras iniciativas innovadoras de xeración de enerxía a partir de residuos de actividades gandeiras. 

Esta xornada está destinada a granxas, cooperativas e explotacións avícolas e agrícolas; empresas do sector enerxético; centros tecnolóxicos, centros de investigación, plataformas tecnolóxicas e universidades; administracións públicas relacionadas coa eficiencia enerxética, agricultura, o medioambiente e/o desenvolvemento rural e consumidores finais e público en xeral. 

O programa da cita é o seguinte:

09:30 – 09:45 h. Recepción de asistentes. 

09:45 – 10:00 h. Apertura e benvida: Julián Díaz. Presidente da Cooperativa Alimer. 

10:00 – 10:20 h. Ponencia Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Por confirmar 

10:20 – 10:40 Presentación do proxecto Avienergy.  

Anxela Montero. FEUGA. 

10:40 – 11:00 h. Manexo e preparación dos residuos avícolas para optimizar o seu aproveitamento enerxético. Xosé Francisco Pedras. Enxeñeiro Técnico Agrícola.  

11:00 – 11:20 h. ¿Son os residuos avícolas útiles para a súa valorización enerxética?. Natalia Cid. Centro Tecnolóxico EnergyLab. 

11:20 – 11:40 h. Pausa café. 

11:40 – 12:00 h. Optimización de parámetros e procesos para o aproveitamento térmico de residuos avícolas. David Patiño. Universidade de Vigo. Manuel Dopico. Demaux Manufactures S.L.  

12:00 – 12:20 h. Obtención de electricidade e evaluación do impacto ambiental da solución implantada.  Natalia Cid e Marta Pérez. Centro Tecnolóxico EnergyLab. 

12:20 – 12:40 h. Valorización das cenizas de combustión como material fertilizante. María del Pilar Bernal. CEBAS-CSIC. Francisco Martínez. Cooperativa Alimer. 

12:40 – 13:00 h. Iniciativas innovadoras para a obtención de bioenerxía e gases renovables. Helena Peñas. Norvento Enerxía. 

13:00 – 13:15 h. Rogos e preguntas. 

13:15 h Clausura.  

13:30 h Viño español. 

Inscríbete aquí

Revisa todos os detalles do programa da xornada aquí

Esta xornada enmárcase dentro das actividades do plan de divulgación do proxecto, cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Orzamento: 582.960,04 €. Subvención total: 565.160,04 €. Máis información: Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea

O responsable do contido desta páxina é o Grupo Operativo AVIENERGY.

Máis información do proxecto: http://www.avienergy.es/