
O proxecto galego PLASMOWINE, no que participamos, xorde en 2022 co obxectivo de desenvolver un sistema de apoio á toma de decisións que determine o momento óptimo para a aplicación de tratamentos contra o mildiu da vide que, en zonas húmidas como Galicia, compromete seriamente a produción e calidade dos viños.
Esta iniciativa está formada por un equipo multidisciplinar, especialistas en viticultura, botánica, fitopatoloxía, aerobioloxía, modelización estatística e tecnoloxías aplicadas ao sector primario. Liderados por Monet Tecnoloxía e Innovación SL, participamos xunto á Universidade de Vigo, o centro de investigación Estación Fitopatolóxica de Arreiro (EFA) e Adega Viña Costeira.
O sistema proposto en PLASMOWINE indicará o momento óptimo de aplicación do primeiro tratamento e cando deberá ser renovado, considerando o risco de enfermidade ademais da eficacia e duración real da protección para os fungicidas empregados habitualmente contra o mildiu.
Encargámonos de liderar as actividades de difusión, fundamentais para facer chegar ao público os obxectivos propostos e os resultados alcanzados desta iniciativa. No marco das actividades propostas, PLASMOWINE publica o tríptico, a infografía e o audiovisual de animación orientados ao público obxectivo como son as adegas e cooperativas, consellos reguladores de Denominación de Orixe, fabricantes de maquinaria e tecnoloxías relacionadas co sector, viticultores particulares e ao público en xeral.
A infografía do proxecto recolle dunha maneira esquemática cal é o problema detectado polo proxecto e como o equipo multidisciplinar formado en PLASMOWINE quere darlle solución. Por outra banda, o tríptico profunda máis na explicación do proxecto, describindo con maior detalle os obxectivos marcados, os resultados esperados e as actividades que se van a levar a cabo, entre outros aspectos. Por último, o audiovisual de animación recolle un resumo dos fitos principais do proxecto PLASMOWINE, presentados dunha maneira máis visual.
Cabe destacar que tanto o tríptico como a infografía están dispoñibles en castelán, galego e inglés para maximizar o alcance xeográfico dos mesmos e o impacto das solucións para desenvolver por PLASMOWINE.
Accede ao tríptico aquí
Accede á infografía aquí
Bota unha ollada ao vídeo resumo de PLASMOWINE
PLASMOWINE está financiado polas axudas para a execución de grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI), cofinanciadas nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega ao cal lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.
Orzamento total: 179.999,99€ Subvención: 179.999,99€ Cofinanciamento UE: 75% FEADER
