O Grupo Operativo galego PURINPRECISO, do que FEUGA forma parte, organizará o martes 4 de xuño, ás 10:00h un webinar online para presentar o proxecto de innovación. Na xornada, representantes das entidades que integran dito proxecto expoñerán os traballos que están realizando para lograr os obxectivos e resultados esperados de PURINPRECISO.
O Grupo Operativo galego PURINPRECISO nace en 2023 e busca deseñar e probar un equipo para a análise, control e documentación dixital en tempo real da aplicación de purín con tanques distribuidores. Para iso, está a deseñarse e avaliando un sistema intelixente propio de control e documentación dixital para equipos de aplicación de puríns, que proporcione información sobre os nutrientes do purín para a regulación en tempo real da dose de aplicación do produto en función das necesidades do chan e o cultivo.
No marco das actividades de divulgación do proxecto, organízase este webinar en liña gratuíto para dar a coñecer, entre os distintos axentes do sector e o público en xeral, os obxectivos, actividades en desenvolvemento e avances do proxecto de innovación. Ademais, cada unha das entidades participantes no Grupo Operativo galego PURINPRECISO comentarán o papel que están a levar a cabo no proxecto, así como o impacto positivo que este terá nos sectores agrícola e gandeiro.
O webinar contará cos relatorios de representantes das catro entidades galegas que integran o proxecto, Talleres Carruxo S.L., SAT As Cuadrillas, a Universidade Santiago de Compostela a través dos grupos de investigación BioModem, Visión Artificial e Arquitectura de Computadores; e FEUGA. Ademais, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-Agacal), participa no proxecto en calidade de entidade cooperante.
O evento en liña terá lugar o martes 4 de xuño e será gratuíto, unicamente sendo necesario completar o formulario de inscripción. A súa duración será de 10:00h a 12:00h a través da plataforma Zoom.
Consulta a programación do evento aquí.
PURINPRECISO está financiado polas axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas nun 80% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 14% e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 6%. A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración galega á que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais no ámbito rural, e engloba as competencias en materia de agricultura, gandería, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.
Orzamento total PURINPRECISO: 180.000,00€ (100% subvencionado)