Primeras confirmacións para el evento “Da idea ao mercado: impulsando o emprendemento rural a través da innovación”

03/06/2024

O próximo 20 de xuño celebrarase na nosa sede de Santiago de Compostela, no corazón do Campus Vida, o evento “Da idea ao mercado: impulsando o emprendemento rural a través da innovación” no marco do proxecto EU (financiado por HE-European Innovation Ecosystems) InnovationGuide, onde participan catro países: España, Países Baixos, Turquía e Malta.

O obxectivo global: impulsar a innovación e o emprendemento nas zonas rurais prestando especial atención ao talento novo e ao papel da muller nos sectores da agricultura, bioeconomía, pesca e turismo sostible. Isto permitirá aos emprendedores, startups e a toda a Q-helix compartir as súas experiencias no ecosistema estudado na atracción de financiamento, posicionamento no mercado, barreiras existentes e novas oportunidades para promover un crecemento económico sostible e integrador no rural.

Será un dos 4 eventos propostos (un por cada país participante) no marco deste proxecto europeo para avanzar na identificación das barreiras e oportunidades do fomento de emprendemento en ecosistemas rurais co obxectivo de obter un marco común homoxéneo que transmitir en forma de políticas e guías de transferibilidade a outros ecosistemas.

O programa do evento, que será moderado desde a perspectiva da análise das respostas obtidas no cuestionario previamente lanzado, busca analizar os retos e oportunidades desde o punto de vista de emprendedores, empresas tractoras do sector, investigadores e institucións públicas, está dividido en dous bloques. O primeiro, dedicado a analizar barreiras e identificar oportunidades para o impulso do emprendemento rural nos 4 sectores analizados, contará con poñentes como Tania Blanco, COO de Salmoira; José Cuadrado Oural, promotor de Terras da Mariña; Oscar Rodil Marzabal, profesor e investigador de Desenvolvemento Económico e Innovación na Universidade de Santiago de Compostela; Lucía Afonso, pastora de abellas en Sovoral; Juan Carlos Pérez Rodríguez, CEO de Aldealista; Juan Picos, profesor e investigador de Enxeñería Agroforestal na Universidade de Vigo ou Jacobo Garcia Durán, director de Turislab. Na segunda parte da cita, expertos invitados falarán do proceso que coleva impulsar a idea ó mercado no rural. Así, Higinio Mougán Bouzon, director de Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias; Beatriz Suárez Sánchez, directora do área de desenvolvemento rural da Fundación Juana de Vega; Carmen Pumariño Álvarez da asociación Startup Galicia ou Manuel Soliño, presidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+) serán algúns dos participantes na mesa de debate.

O evento contará, como complemento, cun espazo expositivo con stands de empresas e emprendedores rurais, que poderán achegar o seu traballo ao público no espazo da pausa-café, tamén un momento de networking para todos os asistentes.

A inscrición é gratuíta ata completar aforo e está dispoñible na seguinte ligazón.