4 razóns polas que debes formarte xa en Business Intelligence

24/09/2021

Oíches falar do Business Intelligence? Trátase do uso de estratexias e ferramentas para poder traducir en información todos os datos ao noso alcance dun negocio. As tomas de decisións nunha empresa faranse no futuro en función a estas lecturas e, por tanto, os profesionais especializados serán empregados clave para a boa marcha das compañías. Dámosche catro razoes para que te animes a dar o paso.

•             Os profesionais especializados en Business Intelligence e Intelixencia Artificial son un dos perfís máis demandados, e todo apunta a que esta tendencia vai seguir en aumento.

•             Estímase que o mercado do Business Intelligence crecerá a ritmos anuais do 7.6% entre 2020 e 2025.

•             Un 83% das empresas están a incrementar o seu investimento nestas tecnoloxías.

•             Os salarios medios na área de Business Intelligence en España son de 45.000€ a partir do terceiro ano de experiencia.

E como dou o primeiro paso?

FEUGA pon á túa disposición un WEBINAR os próximos 6, 7, 13 e 14 centrado na aprendizaxe das principais claves de Business Analytics con Power BI. Se te anotas ao noso curso terás a oportunidade de aprender os aspectos fundamentais do Business Intelligence da man de Daniel Burrueco, unha das grandes referencias no campo. Burrueco é Enxeñeiro de Telecomunicación (Universidade Politécnica de Madrid, 1994), MBA executivo (AEDE BS, 2009) e Máster en Business Intelligence e Big Data (EOI, 2017). Desenvolveu a maior parte da súa carreira tanto en áreas comerciais como de operacións en empresas do sector das tecnoloxías de información. Con máis de 20 anos de experiencia en formación, actualmente traballa como consultor independente de Business Intelligence, compaxinando esta actividade coa formación en Machine Learning e en ferramentas de BI en diferentes Universidades e escolas de negocio (Escola de Organización Industrial, Universidade de Alcalá, Universidade Nebrija…).

Aínda que existen diferentes tipos de software, Microsoft Power BI, o software no que se centrará o WEBINAR, situouse, en poucos anos, como líder do mercado de ferramentas de Business Intelligence de autoservizo. Nesta formación revisaranse de maneira práctica os conceptos involucrados no uso desta potente ferramenta: a carga e transformación dos datos (os chamados procesos ETL), a creación de visualizacións e informes, e a súa publicación e compartición con terceiros. Así mesmo, realizarase unha introdución ao uso da linguaxe modelada de datos DAX para a creación de campos e métricas personalizadas.

Inscríbeche xa no noso curso e impulsa o teu futuro (e o teu salario)!: WEBINAR Business Analytics con Power BI – FEUGA